Tanto as casas comerciais, como algúns colectivos, presentan diferentes clasificacións dos materiais didácticos segundo a idade dos nenos e nenas aos que van dirixidos, fundamentadas nas análises feitas por María Montessori, Ovide Decroly, Henri Wallon ou Jean Piaget por exemplo.
A Asociación de Investigación do Xoguete realiza unha clasificación da que se presenta a seguinte táboa como resume dos referidos á educación infantil.
A Asociación de Investigación do Xoguete realiza unha clasificación da que se presenta a seguinte táboa como resume dos referidos á educación infantil.
Ata os tres meses
De tres a seis meses
Xoguetes flotantes, axóuxeres grandes, contas grandes ensamblables, bloques grandes e brandos con debuxos, marionetas, pelotas brandas, monecos brandos.
De seis a doce meses
Monecos que representen o corpo humano, xoguetes flotantes, bloques de plástico, fotos ou debuxos plastificados, pelotas grandes de goma branda ou plástico.
De doce a dezaoito meses
Seguen sendo moi estimados os xoguetes para a auga, os bloques, as pelotas de diferentes tamaños, ademais dos monicreques de luva, o cabaliño de carriola, as bicicletas de tres ou catro rodas sen pedais.
De dezaoito a vintecatro meses
Xoguetes de transporte, coches pequenos para facelos correr ou grandes para subirse a eles, bambán, escorregadoiro, randeeira, bicicletas e triciclos con ou sen pedais, caldeiros e pas, construcións, animais de madeira, carriños, etc.
De dous a tres anos
Cociniñas con utensilios, monecas cos seus equipos de roupa, instrumentos musicais, roupa diversa para disfrazarse (hai profesionais que consideran esencial a existencia na escola dunha caixa chea de roupa para podérense disfrazar), bicicletas de tres rodas e pedais, etc.
De tres a seis anos
Mecanos, plastilina e barro para modelar, monecas lavables e máis detalladas, instrumentos de oficios: xardinería, carpintería, etc.
A continuación tes unha selección de materiais realizada polo Servizo de coordinación das escolas infantís de Galiza, durante a súa breve existencia, coa idea de establecer unhas dotacións mínimas orientativas para todas as escolas infantís do país
Ningún comentario:
Publicar un comentario