mércores, 30 de abril de 2014

Actividades sobre as TIC

Para traballar os contidos das Tecnoloxías da Información e da Comunicación na escola infantil no módulo de Didáctica pódense seguir as orientacións e actividades que se presentan no documento anexo:

luns, 28 de abril de 2014

Actividade sobre os recursos

Para traballar os contidos dos materiais da escola infantil no módulo de Didáctica pódense seguir as orientacións e actividades que se presentan no documento anexo:

venres, 4 de abril de 2014

Actividade sobre o tempo

Para traballar os contidos dos tempos da escola infantil no módulo de Didáctica pódense seguir as orientacións e actividades que se presentan no documento anexo:

Actividade sobre o espazo

Para traballar os contidos dos espazos da escola infantil no módulo de Didáctica pódense seguir as orientacións e actividades que se presentan no documento anexo:

venres, 28 de marzo de 2014

Escolas infantís de Galiza

Neste mapa están localizadas as escolas infantís de Galiza.

Escolas infantís municipais.
Escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.
Escolas infantís dependentes do Consorcio de Igualdade e Benestar.
Escolas infantís privadas.
Escolas infantís dependentes doutros organismos.


Ver Escolas infantís nun mapa máis grande

mércores, 12 de marzo de 2014

Traballar co son

A importancia que cobrou na actualidade o emprego combinado dos recursos audiovisuais fai esquecer, ás veces, as posibilidades que ofrece o traballo cos recursos sonoros de maneira illada.
Son diferentes recursos sonoros os que poden dar posibilidades de traballo na escola infantil:

A música

É quizais o recurso máis obvio, e ademais do traballo con ela como elemento significativo en si mesmo, tamén pode ser un recurso que se pode empregar para ambientar unha actividade: poñer música dunha época histórica se queremos falar desa época, música dunha zona xeográfica, do ruído do mar para falar del, por exemplo.

luns, 24 de febreiro de 2014

A imaxe en movemento

Historicamente o cine foi un recurso que chegou a incorporarse a algúns centros educativos, pero o seu custo económico e a dificultade para adquirir copias, xunto coa aparición de novos recursos fixo que a súa existencia na actualidade practicamente desaparecera.
Posteriormente o magnetoscopio ou reprodutor de vídeo foi un recurso que adquiriu unha difusión moi importante en todo o sistema educativo, e aínda na actualidade é un recurso que se emprega nalgúns centros escolares. Pero as actuais cámaras de vídeo e os novos soportes dixitais fan que o emprego da imaxe en movemento sexa un recurso ao alcance de calquera centro.
http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/24/cd/index.htm
Para ampliar a información sobre o traballo co vídeo na aula podes ver a información do curso do Ministerio de Educación pulsando sobre o botón da esquerda.
A facilidade de utilización do vídeo levou a unha desatención á hora de traballar con el, polo que cumpriría recordar algunhas características de uso: