O tema dos recursos está moi relacionado coa análise dos xoguetes. Para ampliar esta información pódense revisar os contidos presentados no módulo de metodoloxía do xogo.
Termos como: medios, recursos, material didáctico, material educativo, elementos lúdicos e mesmo xoguetes fan referencia a conceptos que presentan diferentes matices, pero na nosa análise serán considerados como sinónimos, entendendo que a análise desas diferenzas debería ser obxecto doutro espazo diferente.
Con carácter xeral entendemos por medio ou recurso didáctico todo aquilo que nos permite ou nos axuda a conseguir os obxectivos didácticos que temos previstos. Neste sentido podemos falar tanto das persoas que participan no proceso didáctico que constituirían os recursos humanos coma dos elementos materiais que empregamos. A análise que se realizará aquí, refírese só aos recursos materiais.
Mesmo centrándonos só nos recursos materiais, estamos a falar dun concepto sumamente amplo e que inclúe dende o material de refugallo aos máis sofisticados ordenadores. Por este motivo resulta complicado falar dos recursos materiais como un todo.
Ademais, cumpre salientar, que a incidencia que poden ter os materiais nos resultados do proceso educativo depende fundamentalmente do uso que fagan deles os nenos e as nenas e do xeito de empregalo o profesorado, e en menor medida das características propias do material. Neste sentido hai estudos que constatan unha maior diferenza de resultados educativos acadados co emprego dos mesmos medios por diferentes profesores e profesoras, que entre diferentes medios empregados por unha mesma persoa.
Cando se quere seleccionar material para unha escola infantil debemos considerar diferentes criterios. Criterios que fundamentalmente fan referencia ás características do propio material, á súa función pedagóxica e á súa adecuación á idade dos nenos e nenas que o van empregar.
Pero para seleccionar eses materiais tamén se terán que analizar outros aspectos máis prácticos, como é o seu custo económico, por exemplo. Dende hai tempo a venda de materiais para as escolas infantís é unha actividade económica que ten unha ampla oferta, pero esta oferta que presenta un abano de materiais de calidade, tamén supón ás veces un elevado custo. Por este motivo, cando se seleccionan materiais deberase ter en conta se se poden conseguir os obxectivos educativos que se perseguen empregando outros recursos máis económicos.
Tamén é preciso ter en conta que os recursos, nomeadamente os que se ofertan en importantes campañas de publicidade non son alleos aos valores do contorno social e cultural que os promove, polo que será preciso revisar a ideoloxía que promoven, descartando aqueles que transmiten valores próximos á violencia e aqueles que fomentan o emprego de determinados materiais de corte sexista.
A continuación analizaremos unha serie de criterios a ter en conta para seleccionar recursos atendendo aos seguintes criterios:

- As características do propio material.
- As posibilidades educativas que ofrecen.
- A adecuación á idade dos nenos e nenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario