mércores, 29 de xaneiro de 2014

O patio tamén é a escola

Cando se analiza o mobiliario do espazo exterior dunha escola, fálase de diferentes elementos:

Elementos fixos

Interior da fábrica Galopín en Cerceda
Estarán ben fixados ao chan e serán as estruturas propias do xogo físico e o xogo de relación e socialización fundamentalmente. É neste terreo onde dende as últimas décadas están aparecendo as principais innovacións no deseño.
Con referencia ao mobiliario exterior típico (bambán, etc.) habería que dicir que non é en principio o máis axeitado, tendo en conta que unha observación do seu emprego por parte das crianzas mostrará como xogan con eles de maneiras diferentes (tratando de trepar pola parte lisa do escorregadoiro, pendurándose da estrutura do bambán, etc.). Por este motivo cada vez son máis empregadas as estruturas multifuncionáis que ofrecen unha potencialidade de utilización máis ampla.

Elementos semimóbiles

Patio da escola infantil As Mariñas na Coruña
Serán elementos móbiles pesados, xa construídos, que nin os nenos e nenas nin o profesorado poden desprazar sós, pero que, eventualmente e coa utilización de medios técnicos axeitados, poden ser desprazados se se quere. Desta maneira poderáselle dar ao acondicionamento unha certa flexibilidade. Posuirán sempre boa estabilidade. Poderán ser unha cabana, un abrigo cuberto, etc.
Na actualidade son multitude de casas comerciais as que presentan elementos destas características tanto en madeira como en plástico, cumprindo na maioría dos casos a normativa de seguridade esixida aos xoguetes. Pudendo sinalar como inconveniente principal o seu elevado custo económico, pero presentando por todo o demais unha oferta tan variada como para poder satisfacer cada necesidade. Aínda que como podemos ver na imaxe do patio da escola infantil As Mariñas da Coruña, a imaxinación permite solucionar algúns problemas.

Elementos móbiles

Serán aqueles que o neno pode manexar e transportar ao seu antollo, e non presentarán grandes diferenzas con respecto do material que se pode empregar dentro da aula.

O chan

É un elemento a ter en conta tanto como superficie amortiguadora de posibles caídas como pola posibilidade de constituír en si mesmo un elemento motivador da actividade.
Xosé Manuel Iglesias
Xosé Manuel Iglesias director xeral da empresa Galopín dedicada ao deseño de mobiliario de parques infantís indícanos algunhas das características que reúnen os seus xogos de exterior para os nenos e nenas máis pequenos.
  • Para os máis pequerrechos as estruturas teñen deseños máis simbólicos, con forma de nave espacial, de animal, de casa, etc. Para os que xa son algo máis maiores xa se empregan formas máis abstractas.
  • En canto ás cores, presentarán unha combinación de cores básicas rechamantes e para a rapazada algo maior empréganse xa cores máis sofisticadas.
  • O que si teñen en común todos os materiais é a estrita observancia dunhas normas de seguridade.
 A continuación se presentan unha serie de páxinas de empresas que fabrican mobiliario exterior:

Ningún comentario:

Publicar un comentario