mércores, 29 de xaneiro de 2014

A organización dos materiais

Un elemento que ás veces se descoida cando se fala dos materiais é a maneira de organizalos dentro da aula. É necesario considerar que a organización destes materiais pode ser un xeito de organizar o propio traballo na aula de infantil. Como xa se sinalou, por exemplo, a colocación dun andel pode ser unha forma de crear un recuncho de actividade, e a maneira de dispor os materiais de plástica pode animar ás crianzas a traballar con eles.
Por este motivo deberíase reflexionar antes de distribuír e organizar os materiais dentro da escola prestándolle atención ao tipo de andeis que se empregan, ao lugar onde se colocarán os materiais e aos contedores e clasificadores que se empregarán para organizar os recursos.
A continuación analízase como organizar os materiais para favorecer que as crianzas poidan velos e acceder a eles.

Para ampliar información sobre esta cuestión pódese ler o libro de Loughlin, C. E. e Suina, J. H. (2002).: El ambiente de aprendizaje: diseño y organización. Morata. Madrid. Nel se realiza unha análise moi interesante sobre a creación de espazos e a organización dos mesmos, o que ten unha aplicación moi directa na educación infantil. Centrándonos especificamente no capítulo VI pódense ver as suxestións que presentan para facer visibles e accesibles os materiais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario