martes, 21 de xaneiro de 2014

O espazo da escola infantil

Aínda que Tonucci afirma que o elemento fundamental e imprescindible do proceso educativo é o profesorado, e que a súa actuación ten máis relevancia que calquera outro elementos, parece evidente que o contexto no que se vai desenvolver esa actuación pode condicionar a propia actuación que se vai desenvolver.
Nas entradas deste apartado vaise analizar o espazo das escolas infantís, a normativa que o regulamenta, analizándose como deben ser tanto os espazos interiores como exteriores e como evolucionaron ao longo do tempo.

Os espazos, pola súa amplitude, pola luminosidade que teñen, polas posibilidades de movemento que permiten e por moitas outras circunstancias, poden condicionar a actividade didáctica da aula.


  • Mira o seguinte vídeo no que se mostran imaxes da actividade na escola infantil municipal A Caracola da Coruña.
  • ¿De que maneira pensas que inflúe o deseño do seu espazo no tipo de actividades que se poden desenvolver? ¿Poderíanse facer esas actividades en calquera outro tipo de escola.
  • 5 comentarios:

    1. O deseño do espazo é primordial na educación, porque éste utilízase como un material educativo máis, e para lograr con él educar do modo que queremos, terá que seguir loxicamente un orde e ter unha estructura, por exemplo, para poder realizar os talleres de cociña que vemos no video anterior, sería imprescindible contar con unha zona de cociña, onde os nenos podan traballar co espazo adecuado, os materiais necesarios, un orde, e onde podan realizar tarefas que na súa casa realiza outra persoa, implicandoos na rutina da casa e da comida e axudandoos, a través das actividades, a adquirir bós hábitos de alimentación.

      O espazo da escola debería de estar de acordo cos proxectos educativos que imos realizar e as metodoloxías que imos empregar, aínda que finalmente a realidade é outra, e rematamos por adecuar todo segundo o espazo que temos.

      Segundo María L. Casalrrey hai tres características a seguir a hora de dispoñer o espazo:
      - Que sexa pensado para os nenos.
      - Que sexa estimulante, flexible, funcional e accesible.
      - Que sexa estético, agradable para os sentidos.

      Para min, é de grande importancia que os espazos sexan os adecuados para as actividades que imos realizar neles, así por exemplo nos poderemos relaxarnos para a hora da sesta, nunha habitación demasiado luminosa, como non sería doado, ter plantas ou unha pequena horta, nun lugar pouco soleado e luminoso. Despois desto, vexo importante que se permita a movilidade dos nenos, é decir, que o espazo non sexa demasiado pequeno ou teña exceso de obxetos ou mobiliario, que haxa luz, que sexan ao mesmo tempo acolledor para os nenos, que sintan ese espazo como seu; que sexa dinámico ou versátil, podendo así cambiar a disposición da aula, para adecuála a outras actividades que nos poidan interesar no momento, que sexa un espazo estimulante para os sentidos, que teñan un espazo exterior que permita o contacto ca natureza, imprescindible para a educación nestas idades, que os educadores teñan un espazo para as horas que pasan preparando as súas xornadas, etc.
      Por desgraza non todas as escolas contan co privilexio de ter unha escola estructurada como A Caracola, o cal limita moito ás súas actividades, se por exemplo non teñen unha cociña, un xardín exterior, sala de lactancia, porque son actividades que non podemos realizar dentro dun aula convencional se queremos facelas dunha maneria máis axeitada é máis educativa para os nenos.

      Polo tanto, para min, o espazo inflúe de forma significativa nas actividades que podemos desenvolver, polo que non se poderían realizar todas as anteriores en calquera escola.

      ResponderEliminar
    2. "O aula infantil deberia ser unha especie de acuario transparente,onde se reflexen as ideas,as actitutes e as persoas" Unha frase moi acertada de Malaguzzi.

      ResponderEliminar
    3. Penso que para realizar estas actividades non valeria calquera escola, xa que deberían estar adaptadas ós nenos e nenas, un taller de cociña por exemplo necesita que esté adaptada a eles para que se poidan desenvolver de acordo a sua estatura e idade,en moitas escolas a cociña aínda que esta a vista non esta adaptada para ter os nenos nelas.O espazo inflúe significativamente no desenvolmento das actividades na miña opinión e polo tanto na forma de poder educar os nenos,non é o mesmo que o vivan e o experimenten por eles mesmos a que o vexan de outras maneiras...

      ResponderEliminar
    4. As aulas son os espazos educativos por excelencia. Cada grupo de idade debe contar cunha aula, xa que isto contribuirá a adquirir confianza para actuar libremente. A organización deste espazo debe ser flexible para que se poida adaptar ás diferentes actividades que se vaian levando a cabo durante o curso escolar. Aínda que é a parte da escola na cal os nenos pasan a maior parte do tempo, non é a única na cal se debe prestar especial atención. O patio tamén xoga un papel importante na escola infantil xa que éste contribue a socialización dos nenos, potencia o xogo libre, fomenta o respeto polo medio ambiente e permite a práctica das diferentes funcións motoras, entre outros aspectos. Este espazo debe contar con tres zonas diferenciadas: a zona de xogos de movemento, zona de xogo simbólico e zona de xogos de construcción.
      A maneira na cal se coiden os diferentes espazos, así como a intervención do educador, xogarán un papel importante no desenvolvemento dos nenos.

      ResponderEliminar
    5. El espacio tiene una gran importancia en el día a día de los niños , pues en ese espacio establecido pasan muchas horas del día, por lo tanto debe ser un espacio que cumpla todos los requisitos para un buen desarrollo global de los niños , por lo tanto debe ser seguro , bien iluminado (a poder ser con luz natural) ,tranquilo , comodo…
      El espacio debe tener en cuenta al niño y sus necesidades, de aquí la importancia de saber crear un espacio en condiciones. Todo espacio debe estar orientado a:
      El afecto: se debe crear un espacio que proporcione seguridad y estabilidad al niño/a.
      La autonomía: apoyar la formación independiente del niño/a.
      El movimiento: los espacios deben promover el desarrollo de la motricidad tanto fina como gruesa que se irá consolidando en estas edades.
      La sociabilización : es importante que los espacios favorezca a la interrelación con otros niños y adultos.
      El descubrimiento: es necesario que el entorno que rodea al niño esté lleno de estímulos , ya que así su desarrollo será mucho más rico.
      .
      El espacio tiene una gran importancia, pues todo ambiente condiciona o estimula conductas y valores.

      “Todos los espacios de los centros que atienden a niños y niñas del primer ciclo de Educación Infantil deberán diseñarse y organizarse con intencionalidad educativa, de modo que su uso permita atender satisfactoriamente las necesidades de movimiento, afecto, juego, exploración, comunicación o descanso de niños y niñas. La idoneidad del espacio es, a estas edades, especialmente importante para favorecer el crecimiento físico, social, afectivo y emocional de los pequeños. Por ello, la atención a niños del primer ciclo de Educación Infantil debe darse en espacios de uso exclusivamente educativo, diferenciados según edades, y reunir las condiciones higiénicas, acústicas,
      de habitabilidad, de seguridad y de accesibilidad que señale la legislación vigente”

      ResponderEliminar