luns, 27 de xaneiro de 2014

Material didáctico de Dienes

Zoltan Paul Dienes naceu en 1916 en Hungría e morreu o 11 de xaneiro de 2014. Deseñou diferentes métodos de ensino das matemáticas aos nenos e nenas pequenos basándose en xogos, cancións e bailes.
Curiosamente o material polo que é fundamentalmente coñecido non foi creado por el, pois o primeiro en utilizar os bloques lóxicos como auxiliares na aprendizaxe da lóxica foi William Hull (1884-1952).
Pero foi Dienes o que o difundiu por diferentes escolas do mundo, fundamentalmente de Canada e Australia.

Os bloques lóxicos

Os bloques lóxicos son un conxunto de 48 pezas distintas, tendo cada unha delas catro atributos, diferenciándose todas entre si polo menos nun atributo. Os atributos ou calidades que posúen son:
  • Forma: cadrado, círculo, triángulo e rectángulo.
  • Tamaño: grande e pequeno.
  • Grosor: groso e delgado.
  • Cor: Vermello, marelo e azul.
O traballo con este material, que se inicia na escola infantil, pódese estender durante a primaria. Nesa primeira etapa o xeito de traballo podería implicar a seguinte secuencia:
  • Achegamento:
    • Traballo libre cos bloques lóxicos.
    • Invitación a que se busquen formas dos bloques lóxicos en obxectos da vida real.
    • Composición de figuras con bloques lóxicos.
  • Reprodución de modelos.
  • Recoñecer propiedades por medio de etiquetas que representen as diferentes calidades:
    • Formación de conxuntos, buscando etiquetas que exemplifiquen a un conxunto de varias pezas.
    • Repetir e continuar unha serie de pezas.
    • Sinalar a negación. A peza que non cumpre unha serie de condicións.
    • Facer clasificacións con táboas nas que se presentan tódalas calidades. 
No seguinte artigo pódese ampliar a información sobre as posibles actividades a realizar cos bloques lóxicos:


1 comentario:

  1. Moi completa e interesante esta entrada. Os bloques lóxicos son uns materiais simples pero á vez moi complexos para os nenos, xa que sentan as bases para un coñecemento matemático máis avanzado e evolucionado.
    Recordo que este material me chamaba especialmente a atención cando eu era unha nena, é curioso comprobar agora a verdadeira e innegable utilidade dos bloques lóxico-matemáticos e as múltiples posibilidades de xogo que ofertan.

    http://melisaarf.wordpress.com/

    ResponderEliminar