luns, 27 de xaneiro de 2014

Material didáctico de Rosa e Carolina Agazzi

Rosa Agazzi naceu en Volongo en 1866 e morreu en 1951 e Carolina Agazzi naceu en 1870 e morreu en 1945. Ámbalas dúas estudiaron maxisterio en Brescia e despois de participar en 1891 nun congreso sobre a educación infantil orientaron o seu traballo cara esta etapa educativa.
En 1898, Rosa Agazzi presentou no Congreso Pedagóxico Nacional (en Turín) o traballo titulado Ordenamento Pedagóxico do Xardín de Infancia segundo o sistema de Fröbel, onde resume o seu método.
A metodoloxía das irmás Agazzi desenvolveuse no traballo que realizaron no Asilo de Mompiano en Brescia até que se xubilaron no ano 1927. Despois dese retiraren, seguiron o seu labor xunto con outros colaboradores formados nese mesmo centro.
Rosa Agazzi publicou varias obras nas que aparecen reflectidas as principais características do seu método: A linguaxe falada, A arte das maniñas ou Guía para educadoras da infancia.
O material das irmás Agazzi
Rosa Agazzi xunto coa súa irmá Carolina e Pietro Pasquali desenvolven unha metodoloxía de traballo para a escola infantil que parte dos métodos pedagóxicos creados en Alemaña por Friedrich Fröbel, ate chegar ao deseño dunha metodoloxía propia.
O seu material, a diferencia do de Fröbel e Montessori, ven marcado pola situación de pobreza que lles tocou vivir na Italia da súa época, o que influíu na creación dun dos elementos fundamentais da súa metodoloxía o museo didáctico. O museo didáctico estaba constituído polos pequenos elementos que achegan os nenos e nenas que van á escola: caixas, etiquetas, botóns, sementes, tubos, arames, cintas, botellas, cortizas, anacos de tea, adornos diversos, contas, frascos, bolsas, cartóns, etc.
O traballo con estes materiais permitiralle ao persoal educativo traballar coas crianzas facendo seriacións, clasificacións, exercicios sobre cor, textura, forma, procedencia, etc.
Tamén a situación política da súa época influirá no xeito de intervir o persoal educativo, fomentando o traballo coa lingua debido á multitude de linguas que se falaban na Italia anterior á súa unificación como estado. Deste xeito o persoal educativo falará, animará, fará suxestións sobre o traballo cos materiais, nunha perspectiva completamente oposta ao método presentado por Montessori, no que as crianzas interactuaban cos materiais mentres o persoal educativo se dedicaba a observar sen intervir directamente.
Empregaron etiquetas cos nomes dos nenos e das nenas para identificar os seus obxectos: roupa, bolsa da comida, obxectos, etc. en lugar dun número que se empregaba anteriormente. Tamén empregaban as etiquetas para identificar as caixas e lugares para colocar os obxectos: Unhas para identificar obxectos diversos, outras para identificar utensilios da vida cotiá e outras para identificar formas xeométricas. Estas etiquetas empregábanse para a organización dos materiais dentro da escola e para o traballo da linguaxe, con exercicios de prelectura. Estas etiquetas recibían o nome de contrasinais.
O catolicismo das irmás Agazzi, nunha época na que o Estado Vaticano desenvolvía un papel xeopolítico na creación de Italia fixo que a metodoloxía que presentaban tivera un importante seguimento en Italia e fundamentalmente nos colexios católicos, ao supoñer unha eliminación das propostas máis progresistas e innovadoras de Fröbel, polas que era cualificado en Alemaña de ateo e socialista.
Fronte ao deseño de recursos que ás veces supoñen un importante custo económico para as escolas infantís, as irmás Agazzi incorporaron uns materiais moi económicos que hoxe en día teñen a súa continuidade co emprego do material de refugallo, a continuación Gustavo Quindimil, director da escola infantil de Oza, na Coruña fala sobre a adaptación dalgúns dos materiais da súa escola.


1 comentario:

  1. Me parece importante que un niño se relacione con elementos de su vida cotidiana y aprenda a utilizar materiales reciclados, por ello, creo q hoy en día podría llevarse a cabo la metodología utilizada por las hermanas Aggazi, ya que ellas pretendía que el niño aprendiera formas,texturas,colores con elementos reciclados.
    Adémas esta es una buena opción para la economía de una escuela,pues los materiales utilizados por la misma suelen ser muy caros.

    ResponderEliminar