martes, 28 de xaneiro de 2014

O mobiliario escolar

O mobiliario das escolas infantís ven determinado pola metodoloxía de traballo que se pretenda desenvolver, pola normativa vixente en cada momento e polas características de idade do alumnado ao que vai dirixido o espazo educativo correspondente. A continuación fálase dalgúns materiais imprescindibles nunha escola infantil, pero antes Gustavo Quindimil, director da escola infantil de Oza na Coruña, móstranos algúns dos materiais que empregan na súa escola.


Unha alfombra ou tapiz

A alfombra tradicional é cómoda e cálida pero difícil de limpar e presenta problemas de hixiene que poden ter implicacións na saúde de nenos e nenas con alerxias.
Pódense empregar elementos alternativos como os tapices de chan ou os colchóns de superficie lavable e impermeable.

Encerado

O seu uso está orientado aos nenos e nenas de 2 a 3 anos.
Mellor se son móbiles e permiten a súa utilización polas dúas caras.

Espello

Debe ser grande e colocado dende o chan.
Evidentemente debe ser seguro, e que non rompa e  non teña arestas.
Permiten outras posibilidades de xogo se se colocan en ángulo, o que da lugar a experiencias ópticas interesantes.
Tamén se deben colocar espellos na zona de cambios dos bebés, ¿porque non no teito?
Se hai un recuncho para os disfraces deberá posuír tamén un espello.

Colgadoiro

Dependendo do tamaño das aulas e dos corredores, os colgadoiros poden estar situados fóra das aulas para que non ocupen sitio dentro.
Algúns modelos de colgadoiros permiten gardar obxectos persoais, pudendo constituírse nun espazo de intercambio de información coas familias.
A continuación pódese ver a selección de mobiliario realizada polo Servizo de coordinación das escolas infantís de Galiza, durante a súa breve existencia, coa idea de establecer unhas dotacións mínimas orientativas para todas as escolas infantís do país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario