luns, 3 de febreiro de 2014

O retroproxector

Supón a nivel técnico unha certa diferenza con respecto doutros aparellos como o proxetor de diapositivas, os seus compoñentes principais son:
  • Caixa na que se poden gardar todos os compoñentes para o seu transporte.
  • Mesa con lente Fresnel que é o elemento característico do retroproxector.
  • Conxunto óptico, que consiste nun periscopio cunha lámpada haloxena de alta potencia e un espello basculante.
O software para o retroproxector é abundante, consiste basicamente en acetatos que pode proporcionar unha casa comercial tanto en branco e negro como en cores ou ben pódese facer mediante fotocopias en branco e negro ou en cores, imprimindo debuxos por medio da impresora dun ordenador, ou debuxando directamente sobre o acetato con rotuladores especiais. Este material pódese combinar con elementos de plástico ríxido opaco ou transparente.

É posible que nalgún momento ao proxectar a imaxe dun proxector de diapositivas, dun retroproxector ou dun canón, as imaxes que se ven sobre a pantalla, apareceran deformadas mostrando a parte superior ou inferior da proxección moito máis grande que a outra. Esa deformación chámase efecto Keystone.
O chamado efecto Keystone, consiste nunha deformación trapezoidal da área de proxección, debido ao ángulo que forma a fonte lumínica coa pantalla. Cando o proxector en lugar de proxectar a imaxe dende unha posición completamente perpendicular á pantalla, o fai dende un ángulo moi aberto sobre esa perpendicular produce na imaxe proxectada unha deformación que agranda a parte superior (cando se proxecta dende un ángulo moi baixo) ou a inferior (cando se proxecta dende un ángulo moi alto).
Para evitar este efecto débese poñer o máis perpendicular posible o proxector e a pantalla, se non se puidese facer, outra opción é cambian o ángulo da pantalla, separándoa da parede pola parte superior ou inferior segundo sexa o caso.
Moitos proxectores xa inclúen un corrector de efecto Keystone de maneira que xa compensan interiormente a deformación que se pode producir. En calquera caso esa corrección non soe compensar variacións superiores aos 20º sobre a perpendicular.

1 comentario:

  1. O conxunto de cambios económicos, políticos, sociais e culturais responde a diferentes fatores, entre os cales, cobra maior importanza o papel do coñecemento.

    O proceso de modernización da sociedade, según Giddens: "ampliou os ámbitos de reflexión cara as áreas tradicionalmente reguladas pola tradición".
    Nas últimas décadas producíuse un vertixinoso cambio científico-tecnolóxico, que dou lugar á sociedade da información. A aparición, a mediados dos anos 90, das chamadas "novas tecnoloxías" entre as que se inclúen o ordenador, o teléfono móvil e Internet, producíu una verdadeira revolución social. Estas tecnoloxías ofrecen posibilidades de comunicación e información co mundo e posibilitan o desenvolvemento de novas habilidades e formas de construcción do coñecemento que anteriormente eran descoñecidas e que ademáis nos plantexan novos desafíos sociais que debemos asumir de xeito responsable.

    As TIC proporcionaron acelerados e innovadores cambios na nosa sociedade. Esto débese a que poseen un carácter de interactividade. As persoas, que a través do seu uso, poden interactuar con outras persoas ou medios, mentras nos ofrecen posibilidades que anteriormente eran descoñocidas.

    As TIC ofrécennos una ampla gama de posibilidades. Se queremos continuar progresando no seu uso no ámbito da educación, é necesario coñecer a actividade que se desenvolve coa súa axuda así como os diversos plantexamentos pedagóxicos e estratéxicos que se seguen.

    "A popularización das TIC no ámbito educativo comporta y comportará nos próximos anos, una gran revolución que contribuirá á innovación do sistema educativo e implicará retos de renovación e a mellora dos procesos de enseñanza-aprendizaxe" (Albero, 2002).

    Se o que queremos é que a nosa sociedade non sexa tan só a da información, senon tamén a do coñecemento, será necesario traballar dende un enfoque pedagóxico para realizar un uso adecuado das TIC, a través de cal a creación de comunidades de aprendizaxe virtuais e o tratamento da información, a xeneración das novas estratexias de comunicación e de aprendizaxe sexan imprescindibles. Estas aciós tan só poderán ser levadas a cabo por profesionais preparados.

    A nova educación que hai que realizar no ámbito das TIC non se debe limitar a transmitir só coñecementos, aínda que estes sexan necesarios; ademáis, debe procurar capacitar en determinadas destrezas e habilidades, que suscitará unhas actitudes e disposicións. Entre estas últimas é imprescindible a necesidade de formar nunha actitude crítica ante as TIC. Esto é: saber distinguir en qué nos axudan e en que nos limitan, para poder atuar en consecuencia. Este proceso debe estar presente e darse de manera integrada na familia, na escola e na sociedade.

    Pero aínda tendo todo o anterior en conta; eu creo que tamén é bo, de vez en cando, darlle ós nosos nenos de 0-3 anos a posibilidade de ter contacto coas tecnoloxías pasadas, posto que as máis innovadoras sempre as van a ter ó seu alcance, o que é menos probable é que poidan ter contato cun proxector de diapositivas, cun retroproxector, cunha cámara de fotos de carrete ou cunha cinta VHS...

    Para chegar ós ordenadores de último modelo, ós DVDs ou ás cámaras de fotografía dixitáis, antes inventáronse outras tecnoloxías. Tamén é unha maneira de ver a temporalidade...

    Albero, M. (2002): «Adolescentes e Internet. Mitos y realidades de la sociedad de la información» [en línea], en Zer Revista de estudios de comunicación, consulta realizada el 19/01/03, material disponible en http://www.ehu.es/zer/zer13/adolescentes13.htm
    Tedesco, J. (2003): Los pilares de la educación del futuro [en línea], UOC, consulta realizada el 11/102/04, artículo disponible en http://www.uoc.edu/dt/20367/ index.html

    ResponderEliminar