Historicamente o cine foi un recurso que chegou a incorporarse a algúns centros educativos, pero o seu custo económico e a dificultade para adquirir copias, xunto coa aparición de novos recursos fixo que a súa existencia na actualidade practicamente desaparecera.
Posteriormente o magnetoscopio ou reprodutor de vídeo foi un recurso que adquiriu unha difusión moi importante en todo o sistema educativo, e aínda na actualidade é un recurso que se emprega nalgúns centros escolares. Pero as actuais cámaras de vídeo e os novos soportes dixitais fan que o emprego da imaxe en movemento sexa un recurso ao alcance de calquera centro.
Para ampliar a información sobre o traballo co vídeo na aula podes ver a información do curso do Ministerio de Educación pulsando sobre o botón da esquerda.
A facilidade de utilización do vídeo levou a unha desatención á hora de traballar con el, polo que cumpriría recordar algunhas características de uso:
Posteriormente o magnetoscopio ou reprodutor de vídeo foi un recurso que adquiriu unha difusión moi importante en todo o sistema educativo, e aínda na actualidade é un recurso que se emprega nalgúns centros escolares. Pero as actuais cámaras de vídeo e os novos soportes dixitais fan que o emprego da imaxe en movemento sexa un recurso ao alcance de calquera centro.
Para ampliar a información sobre o traballo co vídeo na aula podes ver a información do curso do Ministerio de Educación pulsando sobre o botón da esquerda.
A facilidade de utilización do vídeo levou a unha desatención á hora de traballar con el, polo que cumpriría recordar algunhas características de uso:
- En primeiro lugar é preciso lembrar que é un material que pode ser de uso cotiá na aula xa que non require unhas condicións de uso especiais.
- O profesorado ten que intervir na sesión na que estea a reproducir un vídeo como en calquera outra clase, non para controlar a atención do alumnado senón para contestar dúbidas que aparezan.
- A proxección de vídeos dentro da clase non debe ser considerado como un recreo ou tempo morto senón como unha actividade educativa máis.
- Rexistro permanente, con facilidade para a súa conservación, clasificación e utilización.
- Posibilidade de gravación-emisión inmediata, así como de borrado e regravación, en caso necesario, utilizando o mesmo soporte.
- Posibilidade de detención e repetición de imaxes, no momento que interese.
- Posibilidade de realización de montaxes, de secuenciación de planos, escenas..., de acordo coa mensaxe que se queira transmitir.
- Facilidade de visionado, sen condicións especias de escurecemento da sala.
- Facilidade de manexo.
Estas características outórganlle a este recurso moitas posibilidades educativas:
- Para a formación do profesorado.
- Microteaching.
- Cintas demostrativas de técnicas pedagóxicas.
- Cintas orientadas á comprensión do contorno social dunha escola ou grupo de escolas.
- Análise do funcionamento de centros docentes.
- Elaboración e difusión de gravacións con contidos didácticos realizados polo propio profesorado.
- Emprego de gravacións realizadas especificamente por casas comerciais que serven de base para a explicación dun tema.
- Aprendizaxe da linguaxe do vídeo por medio de obradoiros tanto para o profesorado como para o alumnado.
- En educación de nenos e nenas con deficiencias sensoriais, motrices, etc.
- Como función de espello para que as crianzas poidan comprobar o seu comportamento e evolución.
- Como rexistro minucioso da evolución, reaccións e respostas na aula para a súa análise.
- Na formación permanente e de persoas adultas.
- Centrándonos de maneira especifica na educación infantil as posibilidades educativas podémolas circunscribir ás seguintes:
- Función curricular
As gravacións permiten facer presentes determinadas realidades naturais e sociais que non están próximas, ou que aínda que o estean, quérese ter sobre elas unha visión distinta. Tamén poden axudar na elaboración da identidade e a autonomía persoal e potenciar as capacidades dos nenos e nenas, por este motivo, as imaxes que se utilicen na escola infantil deberán empregar unha linguaxe correcta, adaptada á infancia, expresiva e claramente vocalizada para servir de axuda na adquisición dos contidos especificados no currículo.
Para ampliar a información sobre o traballo co vídeo na escola infantil podes ver o seguinte documental de Olaia Sendón realizado nas escolas infantís de Galiza:
- Función motivadora
- Función lúdica
Ningún comentario:
Publicar un comentario