mércores, 12 de marzo de 2014

Traballar co son

A importancia que cobrou na actualidade o emprego combinado dos recursos audiovisuais fai esquecer, ás veces, as posibilidades que ofrece o traballo cos recursos sonoros de maneira illada.
Son diferentes recursos sonoros os que poden dar posibilidades de traballo na escola infantil:

A música

É quizais o recurso máis obvio, e ademais do traballo con ela como elemento significativo en si mesmo, tamén pode ser un recurso que se pode empregar para ambientar unha actividade: poñer música dunha época histórica se queremos falar desa época, música dunha zona xeográfica, do ruído do mar para falar del, por exemplo.

Tamén se pode empregar para acentuar estados de ánimo: Música relaxada para ir facer a sesta, animada para comezar unha festa, etc. 
Para ampliar a información sobre este tema pódese ler o libro: Tafuri, J. (2010).: ¿Se nace musical? Cómo promover las aptitudes musicales de los niños. Graó. Barcelona.

Os sons da clase


Ademais de empregar elementos sonoros que xa se distribúen comercialmente, como pode ser a música, tamén existe a posibilidade de realizar gravacións na escola infantil que poderán empregarse posteriormente en diferentes actividades, como pode ser gravar sons da realidade e identificalos. ¿Que animal estamos escoitando?, ¿Este ruído será dunha rúa ou do campo?, ¿Quen está falando Mariña ou Xoán?

O hardware sonoro

Incluso coas crianzas de educación infantil pódese traballar o coñecemento dos diferentes gravadores e reprodutores de son, algún deles como o tocadiscos, aínda que está tecnoloxicamente superado por outros soportes da a posibilidade de empregalo para percibir como a vibración dunha agulla pode producir son, para o que se pode empregar algún aparato vello e permitirlles ás crianzas que fagan xirar eles coa súa man o disco. As gravadoras e reprodutoras poden permitirlle ao alumnado gravarse e escoitarse a xeito de espello sonoro.

O son na computadora

http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/60/cd/index.htm
Practicamente todos os recursos tecnolóxicos teñen na actualidade unha posibilidade para poder traballalos a través dos computadores, o son tamén ten esta posibilidade didáctica.
Para ver unha multitude destas posibles aplicacións pódese seguir, entre outros o curso que ofrece o Ministerio de Educación a través do Instituto de Tecnoloxías Educativas, que podes visitar pulsando o botón

Outros recursos sonoros

Existen outros recursos relacionados co son que tamén se poden empregar na escola infantil, como a radio ou o teléfono, e que poden presentar suxestivas posibilidades de uso coas crianzas.
Tamén se poden empregar os recursos tecnolóxicos para realizar medicións de frecuencias de materiais da escola infantil para detectar problemas de audición como se explica no seguinte vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario