mércores, 29 de xaneiro de 2014

As crianzas poden coller os materiais

En xeral, as condicións que favorecen un axeitado acceso visual aos obxectos, favorecen ao mesmo tempo o acceso físico aos mesmos. Pero aínda así podemos considerar as seguintes cuestións:

Empregar diferentes tipos de envases en función da situación

Resulta máis complicado coller elementos situados en estantes altos polo que se procurará non situar neles bandexas pouco fondas das que se pode caer o sobre todo se son xerras ou elementos altos. En estantes baixos, as bandexas chans pódense coller doadamente.
Cando os materiais están colgados, como por exemplo a roupa ou os recursos para realizar algunha actividade, as nena e os nenos teñen que chegar ás perchas ou enganches sen problema para permitir a súa autonomía. O feito de poder apiar os materiais facilita a súa organización na escola, o que pode ser un criterio a ter en conta para adquirilos, pero é preciso lembrar que ás veces eses materiais apiados supoñen un risco de caída ao collelos, e que ademais non sempre é doado para un neno ou unha nena achegarse a estes materiais, o que pode ir en prexuízo da súa autonomía.

Facilitar o traslado dos materiais

Xuntando nun só portador diferentes elementos que son necesarios para mesma actividade (pintura, pinceis, auga, trapos, etc.).
Hai que lembrar que os elementos que resultan cómodos para unha persoa adulta, non teñen porque resultar doados de transportar para un neno ou unha nena.
Lara Fernández no seu blogue Vou do revés amósanos unha inxeñosa maneira de favorecer a autonomía coa organización dos materiais http://escolasinfantis.net/blogue_persoal/lara_fernandez/?p=192

1 comentario:

  1. A distribución e organización do espazo debe ser axeitada aos nenos, o feito de que ás instalacións esten adaptadas aos nenos, poderá facilitar o acceso aos materiales e á realización de certas actividades e así traballa-la autonomía dende xa moi pequenos, eso tamén supon una mayor autorealización para o neno, e traballa aspectos como a confianza e a seguridade en si mesmo, co feito de que el vexa que é capaz de facer certas cousas por si mesmos.

    ResponderEliminar