domingo, 26 de xaneiro de 2014

Organizar o calendario

O calendario escolar fai referencia á distribución das actividades ao longo dun curso. Cando falamos de calendario escolar temos que distinguir entre:
  • O calendario do centro.
  • O calendario do alumnado.
  • O calendario do profesorado.

O calendario do centro:

O calendario das escolas infantís de primeiro ciclo ven determinado pola Administración, e especifica que as escolas infantís realizarán actividades lectivas durante cinco días á semana de luns a venres e durante os doce meses do ano. Deste período de tempo é preciso descontar os días sinalados como festivos pola administración autonómica ou local. Dentro da organización do calendario escolar é preciso ter en conta algúns momentos significativos, como poden ser:

  • O período de adaptación
  • As grandes vacacións, que aínda que a lei estableza que o centro debe permanecer aberto, é evidente que a organización será diferente.
  • As festas escolares. Están establecidas oficialmente para cada curso escolar.
  • Días especiais: aniversarios, visitas, saídas, etc.
  • O momento da despedida do curso.
Ademais das datas sinaladas como festividades e períodos non lectivos, a orde que fixa o calendario de cada curso sinala habitualmente as seguintes datas como de celebración nos centros escolares de Galiza.
  • 21 de decembro: conmemoración do Estatuto de autonomía de Galiza.
  • 10 de decembro: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  • 30 de xaneiro: Día da Paz.
  • 8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora.
  • 15 de marzo: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
  • Do 9 ao 13 de marzo: Semana da Prensa.
  • 23 de abril: Día do Libro.
  • 7 de abril: Día Mundial da Saúde.
  • 9 de maio: Día de Europa.
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas.
  • 5 de xuño: Día Mundial do Ambiente.

O calendario do alumnado:

O primeiro ciclo da educación infantil forma parte dunha etapa do ensino non obrigatorio, polo que a asistencia do alumnado é voluntaria en cada momento do ano.

O calendario do profesorado:

Ven regulado polo seu convenio laboral coa empresa. Neste convenio se especificarán os días laborais e os de vacacións ao longo do ano aos que ten dereito a persoa traballadora. Dentro dos días laborais é preciso ter en conta que hai que realizar outras actividades ademais da atención directa ao alumnado, como poden ser:
  • Preparación do centro para a acollida dos nenos e nenas.
  • Elaboración de documentos docentes.
  • Período de matriculación.
  • Reunións coas familias.
  • Entrevistas.
  • Preparación de expedientes do alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario