mércores, 22 de xaneiro de 2014

Criterios para organizar o tempo

Despois de ter sinalado a importancia da organización do tempo para os nenos e nenas resulta evidente que na organización temporal deberase contemplar os momentos cotiás e de rutinas para aproveitar toda a súa potencialidade educativa.
Para o establecemento destas actividades rutinarias debemos ter en conta algúns momentos escolares que merecen especial atención, como por exemplo:
  • A chegada das crianzas cada día.
  • A elección do que se vai facer ou co que se vai xogar ese día.
  • A limpeza e as actividades de hixiene: cambio de cueiros ou ir ao aseo.
  • As actividades de gran grupo
  • A comida.
  • As actividades e xogos ao aire libre.
  • A sesta.
  • A recollida do material.
  • A despedida.
O profesorado debe planificar estas situacións de forma que os nenos e nenas perciban nelas unha relación persoal e individualizada nun ambiente cálido e afectuoso.
A organización temporal debe respectar a percepción global do mundo que ten a infancia, evitando as segmentacións arbitrarias. Tendo en conta as características da forma de percibir e actuar dos nenos e nenas menores de seis anos non é apropiada a organización dos tempos por áreas ou contidos específicos que resposta exclusivamente a organizacións da ciencia establecidas para as persoas adultas.
Na organización do tempo que fan as educadoras e educadores débense dispoñer os ritmos, frecuencias e rutinas, coidando o equilibrio entre os tempos de actividade e descanso, os tempos para o xogo espontáneo e os tempos de actividades dirixidas, os tempos para actividades grupais e os tempos para as iniciativas individuais.
O proceso de aprendizaxe constrúese no tempo. Os nenos e nenas necesitan tempo para actuar, para a relacionarse, para descubrirse a si mesmos e aos outros, para situarse no mundo e ordenar a realidade. Pero é conveniente lembrar que cada persoa ten o seu propio ritmo, que ademais pode ser diferente para diferentes tipos de actividades: emocionais, cognitivas, sociais, etc. Respectar ese ritmo é a mellor maneira de facer que cada persoa se perciba única e diferente, e polo tanto valorada e aceptada.
A vivencia e organización do tempo é tamén un factor cultural, por este motivo é posible que existan diferentes rutinas temporais, algunhas delas bastante diferentes ás máis habituais. Por exemplo: algunhas tarefas agrarias e gandeiras ligadas a tempos concretos poden estar relacionadas coa inasistencia dalgún alumnado, os traballos a quenda do pai ou da nai inciden no ritmo de todos os membros da unidade familiar, as persoas de diferentes relixións establecen rutinas temporais diversas en determinados momentos do ano, etc.
As rutinas axúdanlles ás nenas e aos nenos a orientarse no tempo e a ter puntos de referencia claros e permiten que coñezan e comprendan o horario do grupo. Para axudarlles a orientarse no tempo é conveniente que as persoas que se encargan da súa educación:
  • Conversen coas crianzas sobre o que van facer ao longo do día ou sobre o que xa fixeron.
  • Utilicen símbolos ou xestos para que os nenos e nenas perciban claramente o inicio e final das distintas actividades.
  • Manteñan unha estabilidade no horario sen facer cambios significativos na secuencia de actividades.
O mantemento dunhas rutinas ten que combinarse co respecto aos ritmos individuais, aos gustos e afeccións, as diferenzas e aptitudes individuais; en definitiva, dando cabida a un tempo personalizado.
Toda organización temporal da actividade que se vai desenvolver na educación infantil ten que ser o suficientemente flexible para permitir unha adaptación á idade dos nenos e nenas do grupo concreto, ás características do grupo no seu conxunto, ao momento do ano, á personalidade e formación de cada profesional, á duración da xornada, á organización xeral da escola, ás características dos espazos e recursos materiais e persoais, etc.
Cando se fala do tempo escolar hai un tempo que non se soe considerar, é o tempo que se emprega en ir e volver da vivenda familiar á escola. Na escola rural era un tempo que tiña un especial significado para os nenos e as nenas que o tiñan que realizar antes de que se xeneralizaran as concentracións escolares coa Lei Xeral de Educación. ¿Lembras como era o desprazamento á túa escola cando estabas na escola infantil? ¿e agora?
A continuación podes ver algúns relatos de eses momentos.
"So recordo que para chegar desde a casa ata ela (a escola), e viceversa, percorría unha marabillosa carballeira, atravesada por un limpo regatiño, no que botaba feiticeiras carreiras con barquiños de papel" (home nacido en 1957).
"Pillabamos troitas no rio, ras nos charcos, niños de paxaros e cos seus ovos faciamos a merenda, coleccionabamos bolboretas, grilos, etc., ademais ninguén nos vixiaba" (home nacido en 1958).
Ese momento era tan importante que na escola de Beade, na zona do Ribeiro, "os veciños escavaron nos lados da corredoira, nun lugar determinado, varios asentos que servían de descanso aos rapaces e rapazas no seu percorrido de cara á escola, lugar que pasou a ser denominado como "as escolas", posto que neses bancos de pedra, ademais de descansar e agardar por outros compañeiros, as alumnas e alumnos máis avantaxados tomaban a lección aos máis cativos, o que lles servía de repaso, anticipándose ás preguntas que lles puidesen facer o mestre ou a mestra"
A citas anteriores están tomadas do libro de Suárez Pazos, M. (2006).: Memoria da escola. Xerais. Vigo.

2 comentarios:

  1. Estou de acordo con que o horario se debe axustar dentro dos momentos citados anteriormente no texto, xa que son aspectos que axudan a ter unha mellor convivencia, e que tamén lles axuda a ter unha referencia temporal. Estas actividades deberán ser o suficientemente flexibles para que as realicen todos os nenos independentemente dos seus ritmos. Para unha boa organización pedagóxica o tempo non pode ser analizado dunha maneira aislada senón como unha interrelacion entre o tempo, o espacio, os materiais, as relacions e actitudes do adulto... É importante que o neno entenda o horario para estructurar o día e que comece a comprender os conceptos temporais. As rutinas axudarán os nenos neste aspectos e lles proporcionarán unha seguridade e estabilidade.

    http://www.waece.org/biblioteca/pdfs/d014.pdf

    ResponderEliminar
  2. Pienso que es clave reflexionar sobre el tiempo y la infancia, como se sienten los niños y como hacemos sentirlos.
    Creo que es fundamental la organización temporal además de los momentos cotidianos y rutinas,todo ello debe ser percibido en los niños en un ambiente siempre cálido y afectuoso. Debe ser imprescindible un equilibrio entre el tiempo que se utilizará para las actividades y para el descanso.
    Cada niño tiene su propio ritmo de aprendizaje.
    A estas edades considero que el tiempo debe ser flexible. Es importante distribuir el tiempo por actividades mejor que por áreas de experiencia. Hay que considerar que cada sujeto ha de disponer del tiempo necesario para crecer y desarrollarse, de acuerdo con sus ritmos individuales. Es fundamental respetar los principios de desarrollo cognitivo y socio-afectivo, manteniendo una organización del tiempo lo más natural posible, sin forzar el ritmo de la actividad y manteniendo determinadas constantes temporales o rutinas, que otros autores denominan el sentido del ritmo, justificándolo como esencial por el efecto formativo que tiene para el niño.
    El niño precisa de una serie de necesidades como son afectivas, de autonomía, movimiento,socialización, fisiológicas y de exploración. Estas necesidades son básicas.
    Quiero destacar ese tiempo de ida y vuelta a la escuela. Era un tiempo de vital significado. En el que los niños iban solos sin la necesidad de un adulto que los acompañara.
    El propio Francesco Tonucci reflexiona sobre ello ,en un primer momento pensé que lo que decía Tonucci era una clara irresponsabilidad pero me equivocaba.
    A lo largo del tiempo los niños han perdido una clara autonomía, ellos mismos podían asumir riesgos que al día de hoy son impensables,antes claramente había mucha mas libertad que hoy , ya que no siempre había un adulto que controlara todos nuestros movimientos.
    El problema es que los adultos dan por echo que los niños son incapaces de hacer cosas por si mismos y de esta forma les limitan o cortan su autonomía. Esto no es beneficioso, a la larga puede ocasionar claras dificultades para ellos.
    De esta manera Tonucci indaga y saca adelante un proyecto de gran importancia mundial ``Ciudad de los niños´´.
    A mi manera de ver todo ello y conocer las ideas de Francesco Tonucci , me atrevo a afirmar que los niños son capaces de ser autónomos y de resolver situaciones. Pero también cabe destacar que el mundo de hoy no esta pensado para ellos. Cada vez hay menos zonas verdes y mas peligros.
    Por ello es de admirar a este hombre ya que su deseo es conseguir un lugar mejor donde los niños puedan crecer y desarrollarse en libertad. Deberíamos luchar todos por conseguir un lugar así para que los más pequeños ya que serán nuestro futuro.


    Irene Lage Vázquez

    ResponderEliminar