domingo, 26 de xaneiro de 2014

Organizar o horario

Fálase de horario ou xornada escolar para referirse á hora de comezo e de remate das actividades así como da súa distribución ao longo dun día. O horario escolar é o instrumento que permite organizar a xornada das crianzas, o traballo das educadoras e educadores e mais do persoal de servizos. Como no caso do calendario, podemos falar de horario do centro escolar, do alumnado e do profesorado.Para o horario dos centros, a lexislación establece que as escolas infantís de primeiro ciclo abrirán durante un mínimo de oito horas diarias, en xornada partida ou continuada, ademais permítese ofertar un horario amplo no que o centro permanece aberto un mínimo de dez horas continuadas.
Diversas cuestións de tipo pedagóxico, social, laboral, familiar ou xeográfico inflúen na organización dos horarios escolares polo que non podemos falar dun modelo único de horario extensible a todos os centros. En Galiza, aínda que o máis común é a organización do horario con xornada partida, é tamén habitual a existencia doutros modelos de xornada.
O horario do alumnado é unha información que é preciso comunicar ás familias na primeira reunión do curso.
Exemplo de comunicación ás familias da distribución horaria da Escola infantil Breogán dependente da Universidade de Compostela: “O servizo está aberto en horario de 8 da mañá a 20:00h da tarde. Os nenos e nenas que non gocen de praza de comedor deben recollelos do Centro antes das 14h. Non se reciben nenos de tarde ata as 15:30h. As comidas serviranse á 13.00 horas e as merendas ás 17h. Pese a amplitude de horario da Escola Infantil Breogán, o equipo pedagóxico da escola considera que non é conveniente a permanencia dos nenos e nenas máis de 6 horas e media ao día; así mesmo, de acordo co Decreto 329/2005 do 28 de xullo (DOGA, Nº 156, do 16 de agosto de 2005) pola que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, evitarase que o neno ou nena prolongue a súa estadía no centro máis de 8 horas diarias, agás circunstancias excepcionais, que deberán en todo caso xustificarse, así o determinen.”
O feito de considerar ao primeiro ciclo como un servizo para a conciliación da vida familiar e laboral e non como un servizo educativo leva a que frecuentemente o horario laboral das familias condicione o horario do alumnado nos centros escolares.
Como xa indicamos no caso do calendario, o horario laboral das traballadoras e traballadores da escola e que non ten porque coincidir co do alumnado nin co de apertura do centro escolar. É necesario ter en conta que ademais da atención directa do alumnado, o profesorado desenvolve outra serie de tarefas na súa xornada laboral, como por exemplo:

  • Rexistros de asistencia.
  • Rexistro diario de actividade do alumnado.
  • Comunicación de información ás familias.
  • Preparación e recollida de materiais.
  • Organización do espazo da aula.
Unha vez realizado o calendario escolar, organizado por trimestres, meses, semanas e días e xa organizadas as actividades que imos desenvolver ao longo de todo o curso. O seguinte paso consistirá en secuenciar esas actividades dentro de cada un dos días.
Ademais de ter en conta todos os principios xerais que se comentaron na primeira parte haberá que considerar cuestións de tipo práctico como a distribución dos espazos de uso común (patio exterior, comedores, aula de psicomotricidade, etc.) para os distintos grupos da escola.

1 comentario:

  1. Es importantísimo establecer un horario dentro de las escuelas infantiles, un horario en la mayor parte de las veces rescatado de la sociedad en la que vivimos, pero debemos tener en cuenta que el tiempo de los niños no es el mismo que el tiempo de nosotros, y tras ver el documental de Redes, en el que Eduardo Punset entrevista a David Eagleman ( https://www.youtube.com/watch?v=Vh4uKl6881U ) pero ya mucho antes, me surge una duda...¿Qué es realmente el tiempo? ¿Existe el tiempo como tal? ¿O realmente y como explican en el documental el tiempo fue inventado? Sea como sea, si esto ya es difícil para nosotros, imaginemos cuán difícil será para un niño. Os dejo que reflexionéis, sin duda a mi lleva a hacerlo.

    Para mí, es imprescindible establecer rutinas en nuestro día a día, tanto para ayudar a la concepción del tiempo como tal, como para mantenernos en orden y con ello poder proporcionar a los niños esa seguridad que nos da el saber qué pasara después. Estamos acostumbrados a vivir a un ritmo de vida que ni nosotros mismos sabemos llevarlo la mayoría de las veces y con ello en gran medida le robamos a los más pequeños algo tan suyo como valioso...su tiempo. ¿Acaso no hemos pensado más de una vez porqué el día no tiene más horas? ¿Será esto por falta de organización?...¿o por falta de tiempo?

    "Nuestra vida es como un show televisivo en directo con un ligero retraso" David Eagleman

    ResponderEliminar