domingo, 26 de xaneiro de 2014

Un exemplo de horario

Gustavo Quindimil, director da escola infantil de Oza na Coruña, indícanos como é a organización do tempo na súa escola:
Na nosa escola temos unha xornada de 8:00 a 17:00.
  • Ás 8:00 horas: Recíbense ás crianzas máis madrugadoras na mesma aula (no noso caso na aula de usos múltiples). As máis pequenas (grupo 0-1) recíbense na súa aula xa que teñen outras necesidades diferentes (sono, alimentación…). Cada un dos grupos está cunha educadora, as e os maiores agardando que chegue a súa titora. As e os bebés están coa mesma ata practicamente o remate da xornada.
  • De 10:00 a 12:15 horas: cada grupo está na súa aula coa súa titora seguindo unha dinámica establecida:
    • Momento de encontro na alfombra.
    • Muda/pises das crianzas máis madrugadoras.
    • Almorzo trátase dun pequeno refrixerio).
    • Mudas/pises das e dos que entran máis tarde das 10 horas.
    • Tempo de actividade e/ou xardín.
  • De 12:15 a 14:00 horas: tempo dedicado a comedor e aseo. Cada día hai dúas ou dous responsables de axudar a preparar o comedor e logo de limpalo.
  • De 14:00 a 15:30 horas: todas as nenas e nenos preparan a súa cama e dedican o resto de tempo a durmir ou descansar.
  • De 15:30 a17:00 horas: érguense, aséanse e faise un encontro na alfombra para decidir o que podemos facer mentres non veñen buscarnos. Facemos un agrupamento 1-3 anos.
Se hai horario amplo até as 20:00 horas, a organización do tempo é a seguinte
  • Ás 16:45 horas: prepárase o comedor para merendar.
  • De 17:00 a 18:00 horas: aseo e merendas.
  • De 18:00 a 19:00 horas: Obradoiros no que se desenvolven os proxectos da xornada da mañá aínda que traballados de xeito diferente, xa que habitualmente coinciden criaturas que xa estiveron pola mañá, polo que así no repetirán actividade.
  • De 19:00 a 20:00 horas: Recollemos a escola comprobando que todo queda listo para o día seguinte para os de mañá, e logo dedicamos o resto do tempo a xogo libre/dirixido en diferentes espazos cada día a fin de evitar a monotonía, xa que é un horario moi complicado no que estamos moi cansas e cansos e tamén somos pouquiños.

3 comentarios:

  1. Los horarios establecidos por la Escuela Infantil de Oza, me parecen muy buenos, dado que tienen bien planificadas todas las necesidades de los niños. En lo que se refiere a la distribución de los horarios también tienen en cuenta las diferentes edades de los niños. Es muy importante que las Escuelas Infantiles tengan un horario de apertura tan amplio como es el caso de la de Oza.

    Unos de los aspectos que más me gustan de la Escuela Infantil de Oza, es que durante toda la jornada se realizan rutinas diarias y se organizan diferentes actividades, favoreciendo así el orden necesario para los niños. En este horario los niños tienen cubiertas todas sus necesidades como puede ser: las primeras horas están dedicadas al descanso que necesitan y al que, en caso de necesidad no hayan podido realizar en sus casas. El desayuno. Las actividades de aula: organizadas según edades, necesidades y muy completas. La comida, la siesta, la merienda y las actividades de las tardes.

    ResponderEliminar
  2. El horario que se establece en una escuela infantil se adapta a los niños y a sus necesidades dependiendo del momento. Como podemos ver la escuela infantil de Oza adapta bastante bien los horarios, estoy de acuerdo con que cada niño tiene un ritmo diferente y cada uno necesita su tiempo.
    Lo que me gusta de esta escuela es que durante las nueve horas que pasan los niño en la escuela se realizan diferentes actividades para que así los niños estén entretenidos y aprendan cosas nuevas. Como vemos en las primeras horas los niños necesitan descanso, muda... a partir de las 10 cada grupo esta en su aula y empiezan a realizar diferentes actividades con sus respectivas educadoras. por ultimo se dedican a la comida,aseo.... y ya por la tarde duermen la siesta, meriendan.... Me gusta mucho este horario y la forma de distribuirse.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar