mércores, 22 de xaneiro de 2014

O tempo para a infancia

Reloxo no paseo marítimo da Coruña
O concepto de tempo para a infancia ten moita relación con cos contidos presentados no módulo de Desenvolvemento cognitivo e motor deste mesmo ciclo, polo que sería bo revisar o que alí se indica para poder ampliar a información.
A organización do tempo na escola infantil responde a unha concepción pedagóxica determinada que vai concretar o marco no que se desenvolverán as actividades educativas. A organización do espazo e mais do tempo vai determinar o tipo de actividade educativa que se desenvolve nunha escola infantil.
As necesidades biolóxicas da infancia son as que marcan, nun primeiro momento da vida, os ritmos necesarios para a súa orientación temporal: o alimento, o descanso, a hixiene, a actividade, as saídas á rúa, etc. son as primeiras referencias temporais que teñen os nenos e nenas.
Dende estas primeiras pautas de tipo fisiolóxico e orgánico vaise descentrando progresivamente cara outras de tipo social, marcadas fundamentalmente polas persoas adultas coas que convive e as súas rutinas máis habituais, como os momentos nos que toda a familia ve a televisión, nos que as persoas adultas fan a limpeza da casa, nos que as persoas adultas preparan a comida, etc.
Estes ritmos de actividade e non actividade que se manteñen estables, ademais de proporcionarlle seguridade permítenlle diferenciar de forma progresiva os distintos momentos do día e chegar a lembrar, previr e anticipar o que pasará despois.
Cando un neno ou unha nena chega por primeira vez á escola, a súa vida divídese en dous períodos significativos: o tempo que permanece na escola e o que está no contorno familiar; ou se se prefire, o tempo durante o que ten que estar con outros nenos e adultos que non coñece e o tempo no que está coa súa familia.
Por iso é moi importante, ao igual que na familia, establecer rutinas que proporcionen regularidade, frecuencias que ordenen a vida na escola e leven ao neno a interiorizar ritmos e secuencias temporais.
Tomar decisións sobre a organización temporal é necesario, pero débese evitar tanto a excesiva división do tempo como a rixidez. Os períodos de actividade, de descanso, de estar no patio, de comer, de ir aos servizos, as rutinas, etc., deben ser previstos, aínda que é igualmente importante asegurar certa flexibilidade, xa que os nenos ou nenas non poden vivir con presas e tensións, senón en función dos seus ritmos e necesidades.
Os nenos e nenas cegos ou con graves problemas de visión empregan o sistema Braille para a escrita e a lectura e tamén reloxos que teñen indicado en relevo as marcas temporais. Para aprender as horas, estas crianzas aprenden a identificar as agullas e máis as marcas horarias con representacións de reloxos, como a que podes ver na imaxe. Este motivador braille que aparece na imaxe é de 1930 atópase no Museo Tiflolóxico, pertencente á ONCE. Está  realizado en madeira e indica as horas mediante unhas brochas colocadas nos lugares correspondentes.

6 comentarios:

  1. O tempo na etapa infantil é fundamental para as crianzas, é vital que nos primeiros anos de vida respetemos os ritmos propios de cada neno/a.

    O tempo forma parte, inevitablemente, da nosa propia constitución xenética. Todos dispoñemos dun reloxo biolóxico, o chamado circaniano, que nos axuda a regular os ritmos do sono e vixilia adaptándonos á luz ambiental.

    A programación didáctica determina os obxectivos a conseguir cos nenos, o comezo e final de algo; a organización escolar en xeral segue a idea de que ese obxectivos deben ser acadados por todos igual e ao mesmo tempo. Esto debe cambiar, e as escolas deben entender que os tempos da vida, da sociedade, da familia, e dos nenos/as son diferentes, e iso é o que hai que recoñecer e poñer en práctica.

    Os nenos/as exixen o dereito a ser esperados, palabras que defenden varios personaxes importantes como pode ser:

    Emi Pickler, que conta dun libro chamado "Dádeme tempo" onde explica a importancia de respetar o tempo de cada neno, e Malaguzzi que di que é necesario esperar para que eles mesmos se dean conta das súas posibilidades.

    ResponderEliminar
  2. El desarrollo de las nociones espaciales no es simple, si no que se elabora y diversifica en el transcurso del desarrollo del niño. La elaboración de esta noción recibe la influencia de: el desarrollo psicomotor y la percepción visual.
    En el desarrollo psicomotor la construcción del espacio está mediada, en principio, por el desarrollo de los procesos posturales y motores del niño. Se puede hablar así, según Schrager, del espacio enfrentante, circundante, limitante y ambiental.
    La percepción visual será fundamental en la construcción del espacio.
    Uno de los mayores estudiosos de la evolución del espacio en el niño fue Piaget, quien descubrió desde los sucesivos estadios de la noción del objeto permanente hasta las dificultades de situación y orientación en un espacio de tres dimensiones. Basado en los estudios de Piaget, Le Boulch informó de que la posibilidad de establecer relaciones entre objetos en el espacio pasa por la orientación del propio cuerpo. Piaget sostiene que la construcción del espacio evoluciona sobre dos planos.
    Un plano perceptivo o sensoriomotriz en el que son indispensables las vivencias sensoriales, relacionadas con el esquema corporal, como los juegos de entrar y salir, y recorridos de un espacio previamente delimitado.
    Un plano representativo o intelectual, que consiste en la expresión de aquellas experiencias traduciéndolas en verbalizaciones o grafismos, reflejando por medio de dibujos las mismas acciones realizadas anteriormente.
    Puede comunicar a los demás sus conocimientos empleanndo símbolos, signos gráficos y dibujos. Pero a medida que tiene esta capacidad para representarse mentalmente relaciones espaciales puede iniciar la realización de ciertas acciones, que necesitan tener en cuenta relaciones espaciales observables directamente.

    Según Piaget la evolución del espacio en el niño la conforman los siguientes niveles:
    -Un espacio topológico (0-6 años) en el que predominan las formas, dimensiones y la relación de vecinidad de los objetos.
    -Un espacio proyectivo en el que los objetos se sitúan en virtud de unos ejes y las relaciones que desencadenan.
    -Un espacio euclidiano.
    -Un espacio racional.

    El tiempo constituye un todo indisociable con el espacio: es la coordinación de los movimientos,así como el espacio es la coordinación de las posiciones.
    El espacio es una abstracción para el niño y el tiempo es todavía más abstracto. No se puede percibir directamente y su conquista será lenta porque realmente no entiende porqué pasa el tiempo. El niño no puede entender el tiempo más que en relación con el espacio. Los experimentos de Piaget muestran la dificultad que el niño tiene para captar el significado del tiempo.
    Todos los conceptos temporales se adquieren con la acumulación de experiencias.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. A concepción que temos hoxe en día do tempo, que pasou dunha perspectiva ontolóxica (establecer que é o tempo) a un punto de vista epistemolóxico dende o siglo XIX (dirixida a establecer cómo o ser humano o coñece e o utiliza), permitíunos organizar o tempo en función das nosas necesidades individuais e colectivas. E por iso que, cando traballamos con nenos e nenas o que temos que ter en conta son a eles mesmos, as súas necesidades.
    Non podemos confundir o tempo do neno/a co tempo dos adultos, posto que non é o mesmo, como ben dixo Emmi Pickler :

    “El bienestar del niño, depende en gran medida de la manera como le toca y le coge el adulto. En darle tiempo, respetándole el que necesita para participar, responder y actuar. Su tiempo, el tiempo del niño, que es distinto al tiempo de los adultos”
    ( Moverse en libertad. Desarrollo de la motricidad global, Emmi Pikler,Ed. Narcea)

    Ademáis, debemos tener en conta que cada neno/a é diferente e que polo tanto as súas necesidades son distintas, posto que teñen vivenzas e esquemas diferentes, dende donde actúa para integrar os novos aprendizaxes.
    A hora de xestionar a organización do tempo na aula hai que ter en conta varios factores como son a idade, as características do grupo, a duración da xornada, etc. Pero ademáis, nas aulas do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3) a distribución do tempo ven marcada polos ritmos biolóxicos do sono, alimentación e hixiene.
    Polo tanto as rutinas teñen que adaptarse ó neno e non ó revés e debemos ter en conta para unha corrrecta organización temporal:
    • Flexibilidade para adecuarse ós ritmos.
    • Estar en relación directa coas necesidades dos nenos/as.
    • Respetálos ritmos biolóxicos.
    • Percibir a realidade de maneira global.
    •Marcar referencias temporais que orienten o neno/a.
    • Asumir que os nenos/as teñen a necesidade de xogo como medio para explorar e descubrir o entorno.
    O ritmo e a frecuencia coa la que se realizan as actividades dependen do momento evolutivo do grupo.
    O tempo na escola infantil é un axente motivador e estimulador das aprendizaxes, vai determinar o tipo de actividade xunto co espazo, polo que a la hora de planificalo é importante que dé resposta a unha intención educativa.
    Establecer unha orde na secuencia de rutinas, axuda ós nenos a ter marcos de referencia espacio-temporais que lles proporcionen seguridade e permítenlle diferenciar pouco a pouco os distintos momentos do día e anticipar os que veñen a continuación, tanto na escola como na casa.
    Un momento do proceso educativo que require especial atención e planificación temporal é o período de adaptación, xa que é importante no inicio de la vida escolar do neno/a. É necesario que sexa progresivo, que tódolos nenos/as o cumplan e que as familias colaboren cos educadores/as .
    Para rematar, dicir que a organización do tempo, sobre todo nesta etapa non é doada nin exacta, así que o tempo físico (o reloxo, o calendario, a axenda...) permítenos soamente orientarnos pero non predecir a xornada, trimestre, etc. porque os nenos/as tampouco son predecibles e por outro lado, recomendarvos o libro “Tiempos, espacios y grupos” de Anna Bondioli e Gabriella Nigito” da editorial Graó.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. El tiempo y el espacio son dos conceptos muy relacionados y muy abstractos
    La noción temporal se adquiere a lo largo de todo el desarrollo del niño, esta muy ligado a la acumulación de experiencias, por todo esto el concepto de tiempo es distinto en cada persona.
    Piaget habla del tiempo en su teoría, hay una etapa de sintonización que va de los 0 a los 3 años en la que el niño va adaptando sus ritmos biológicos básicos al entorno sociocultural en el que se encuentra, es decir, la información temporal que recibe el niño es a través de sus vivencias corporales. En esta etapa los ritmos son espontáneos y tienen una carga de primitivismo.

    ResponderEliminar