mércores, 22 de xaneiro de 2014

Os espazos exteriores


As escolas infantís deberán dispoñer dun patio exterior de xogos de uso exclusivo do centro, cunha superficie mínima de 50 m2. Esta superficie incrementarase en 25 m2 por cada 3 novas unidades ou fracción.
Cando no recinto do propio centro exista un espazo ao aire libre dedicado ao esparexemento dos/das nenos/as, este deberá estar debidamente delimitado, evitando un tratamento excesivamente pechado. Será recomendable a existencia de soportais (adosados ou exentos, segundo as condicións bioclimáticas da zona).
Deberán estar tratados cos materiais adecuados segundo os usos, dispoñendo das instalacións necesarias tales como drenaxe, iluminación, toma de auga, sinalizacións, etc.
Os desniveis do terreo, muros de contención ou elementos perigosos, cando sexan inevitables pola topografía do terreo, deberán estar debidamente protexidos e sinalizados.
Cando o patio exterior sexa un parque de uso comunitario, público ou privado, este deberá estar debidamente mantido e conservado, ofrecerá unhas condicións de seguridade axeitadas e se precisará a oportuna autorización.
En áreas urbanas consolidadas poderase autorizar excepcionalmente un patio interior cuberto, sempre que dispoña de iluminación e ventilación natural nun mínimo de 1/3 da superficie en planta da dita zona, superficie da que cando menos 1/2 será practicable.
Nas áreas exteriores de xogos que dispoñan de equipos de aparellos (tobogáns, bambáns, estruturas para gabear, balancíns, estruturas multixogos, etc.) estes deberán axustarse á normativa autonómica que regula a seguridade nos parques infantís.
No patio de recreo ademais das actividades puramente psicomotrices que permiten un mellor coñecemento do propio corpo e do medio co rodea tamén se realizan outras que permiten a adquisición, dominio e vivencia de habilidades motrices, sociomotrices, favorecendo unha relación cos demais a través da motricidade, e tamén as actividades de expresión, que facilitan a comunicación, as dramatizacións, os xogos simbólicos e as actividades na natureza.
Actualmente existe unha forte dicotomía entre o espazo interior e o espazo exterior, existindo unha clara división entre a actividade pedagóxica como exclusiva dos espazos internos e case unicamente do espazo aula, e a actividade de espallamento e lecer para os espazos exteriores. Nunha actitude de considerar a aula como lugar privilexiado de todas aquelas actividades educativas ou de traballo.
Partindo destas premisas atoparase, loxicamente, unha falta de aproveitamento dos espazos externos tanto cuantitativamente: son moitas máis as horas que o alumnado pasa dentro que fora, como cualitativamente: o momento do patio de recreo na maioría dos casos non está contemplado na programación, é un momento morto, para que os nenos e as nenas se desafoguen, ou o profesorado descanse.

Características dos espazos exteriores

No momento de acondicionar un patio de xogo haberá que considerar, en función das calidades do espazo, tres tipos de espazos:
  • Espazos para descubrir: Espazos onde se pode practicar, explorar e experimentar o máis libremente posible o mundo físico. Sendo estes espazos ricos, variados, apetecibles e diversos, ofrecendo ás crianzas o maior número de informacións posibles.
  • Espazos para apropiarse: Nos que os nenos e nenas poidan identificarse, establecendo con eles relacións de tipo afectivo, de posesión e de prolongación de si mesmo. Debendo dispoñer de currunchos para unha soa persoa ou para compartir co grupo.
  • Espazos para modificar e transformar: Lugares nos que sexa posible cambiar e transformar as estruturas, crear modelos novos, montar e desmontar. As crianzas deben poder modificar o seu entorno, cambiar o marco da súa actividade e así imprimir a súa pegada.
O patio de xogo ten que cumprir, ademais das anteriores, cando menos, as seguintes funcións:
  • O espazo exterior pon en situación de adaptarse a novas experiencias que esixen novas respostas, sendo un soporte material que suscita e provoca a actividade lúdica.
  • O patio debe dar a oportunidade de entrar en contacto con materiais e obxectos cos que nas cidades actuais hai poucas posibilidades de relacionarse: terra, area, plantas, animais, pedras, etc.
  • O espazo debe ser amplo dando a oportunidade da conquista progresiva de habilidades motoras e para desprazarse libremente, por suposto, ofrecendo seguridade.
  • O patio de xogo non é un lugar onde o adulto é un vixiante dos nenos, senón un participante potencial nos xogos que non trata de desvialos nin transformalos.
  • O patio ten que ter un carácter funcional, cun aspecto estético, que permita o xogo simbólico do neno e que inclúa entre o seu material tanto produtos novidosos e actuais, como elementos reciclados, procurando que entre todos estes aspectos exista un equilibrio e que non predomine excesivamente ningún deles.

Deseño xeral do patio

O patio exterior será unha unidade no seu conxunto, aínda que as diferentes zonas deben diferenciarse unhas das outras. O patio ten que ter unhas liñas de forza ou trazados básicos, que o definan no seu conxunto (a forma peculiar do patio, uns elementos característicos como unha ringleira de árbores, etc.), e partindo destas liñas organizaranse as diferentes áreas e as circulacións.
Na distribución das áreas procurarase un contraste dunha zona coa outra, dándolle unha estrutura o máis dinámica posible, e tendo en conta que os patios para os nenos de educación infantil teñen que ter un predominio de pequenos espazos para apropiarse onde poidan estar dous ou tres nenos.
A nivel estrutural o modelo óptimo sería aquel no cas aulas comunican directamente co patio e que ofrecen ó neno a posibilidade de pasar dun escenario ao outro e unir os dous contornos.
En canto aos materiais procurarase unha variedade no seu emprego, usando tanto chans naturais (terra, céspede, área, etc) coma artificiais (asfalto, formigón, empedrados, lousa, tixolos, etc.) rexeitando, en todo caso, a grava miúda.
Cando o que pretendemos é acondicionar un patio de xogo preexistente teremos que ter en conta dous tipos distintos de factores:
  • A realidade física: constituída pola forma, as dimensións e a superficie do patio de xogo, así como a drenaxe da auga de chuvia, zonas de sol e sombra, ventos dominantes, accesos, etc.
  • A realidade vivida: entendendo que o concepto de acondicionar e máis amplo co de equipar, deberemos contemplar os diferentes aspectos do seu funcionamento, zonas de maior e menor utilización, zonas de actividades particulares, zonas de profesores, dos máis pequenos, etc.

Zonas do patio exterior

No espazo exterior poderemos establecer as seguintes áreas ou zonas que con carácter xeral poden ter as características que a continuación sinalamos:
  • Zona de transición: É a zona que une o espazo exterior co interior, tratando de prolongar cada un deles cara ó outro. Soen ser espazos protexidos do sol e da choiva, con cristaleiras, un chan resistente e inclúen elementos vexetais de transición dun espazo a outro. A súa función principal é dar continuidade aos dous espazos, aínda que pode incluír algún elemento de animación.
  • Área de gran recreo: É a zona propia dos grandes xogos, e é a máis ampla no que a superficie se refire. Require un espazo chan, baleiro, propio para xogos activos, particularmente colectivos, nos que abondan as carreiras, as persecucións, etc. O chan pode estar animado con manchas de cor, debuxos, gráficos; soe ser de material liso e resistente tipo asfalto ou formigón.
  • Polo de animación principal: É o lugar onde se localizan a actividade física intensa, as fazañas e as proezas. Nela prodúcense os acontecementos importantes. Nesta zona situarase a práctica do risco calculado, empregando estruturas diversas de certa complexidade de ferro, madeira, cemento ou plástico. Ademais dos elementos presentados por distintas casas comerciais, existe a posibilidade de realizalos con elementos máis simples como pneumáticos ou facendo obras algo máis complexas que imiten castelos, atalaias, etc.
  • Currunchos de actividades diversas: Son lugares máis ou menos sobresaíntes, en xeral de pequenas dimensións, organizados en currunchos e que presentan, cada un deles, unha característica particular. Así temos:
    • Zona de granxa: que terá algúns animais para observar e aprender a coidalos.
    • Curruncho de horta: unha pequena horta para cultivar cos nenos e nenas maiores.
    • Zona de auga e área: que terá ademais dun areeiro e do circuíto de auga os elementos de xogo como: caldeiros, pas, e outros. A pesar da importancia que ten o elemento auga na educación e no xogo, pode crear algún tipo de problemas, polo que a súa utilización ten que ser asumida pola comunidade educativa, que valorando a súa importancia se responsabilicen tamén dos pequenos inconvenientes que pode comportar.
    • Curruncho de xogo simbólico: Que podería incluír: cabanas, casas, currunchos para agacharse, animais de madeira para subirse a eles, trens, etc.
  • Zona verde: Que ademais de estar presente en todo o conxunto, pode ter aínda un lugar específico onde unha pequena chousa, céspede ou matogueira lle dean un carácter especial ó espazo exterior. Respectarase na medida do posible as especies xa existentes, recorrendo a especialistas á hora de ampliar a zona verde, que terá que ser variada e axeitada ás condicións climáticas (rexeitando en todo caso as plantas espiñosas).

5 comentarios:

  1. Paréceme moi interesante este apartado, xa que considero que ter unha boa distribución na escola infantil fácilitara e potenciara mellor o desarrollo integral do neno. Baixo o criterio de Piaget , xa falába de que os espazos exteriores da escola deben ser concebidos como espazos para ACCIÓN-INTERVENCIÓN , como medio de coñecemento das persoas, nestas idades o aprendizaxe ten un forte componente sensomotriz: movendo, sentindo , explorando, asimilase a realidade e faise propia e así avanzase no seu desarrollo. Por iso un espazo dotado de elementos adecuados, a propia necesidade e o placer que sinten os nenos por pór en movemento o ser corpo ao aire libre nun ambiente afectivo adecuado, pode ser unha boa forma de garantir un equilibrado e sano desarrollo sicomotor. Lucía Camba Souto

    ResponderEliminar
  2. Os espazos exteriores, ao igual que os interiores, son elementos de gran importancia tanto na escola infantil como en calquera outro ámbito (é dicir, os parques comunitarios aos que acoden os nenos coas súas familias, por exemplo).

    A súa importancia radica inicialmente no seu papel como estimulador dos sentidos, xa sexa mediante o oído, a vista, o gusto, o tacto ou o olfacto; así como a nivel cognitivo, pois facilita a experimentación das situacións percibidas a través dos sentidos. Tamén inflúe a nivel social.

    Nestes espazos, os nenos mantense en contacto con seres vivos, como animais e plantas, observan os cambios que sofre o ambiente durante as distintas estacións, desenvólvense física e cognitivamente, xogan de forma individual ou en grupos, gañando empatía cara os outros...

    Para lograr estes fins, faise necesario que nestes espazos haxa uns elementos imprescindibles, tales como:

    - Solos de distintas texturas: terra, herba, grava... de modo que o neno experimente diversas sensacións ao estar sobre solos distintos.
    - Xardíns deseñados para estimular os sentidos e percibir os cambios estacionales. As plantas serven para favorecer o hábitat de pequenos insectos (abellas, bolboretas, xoaniñas, etc.) nos momentos de polinización. Así mesmo, debe haber variedade de cores e aromas.

    Na miña opinión, levar aos nenos a espazos exteriores pode provocar que o seu desenvolvemento sexa moito máis íntegro que aquel que puideran desfrutar nun espazo interior. Aínda que é verdade que nestes últimos tamén existen múltiples estímulos que favorecen o seu desenvolvemento, considero que os procedentes do exterior teñen un carácter máis "puro", máis natural.

    ResponderEliminar
  3. Desde mi punto de vista, el espacio exterior en una escuela infantil forma parte de su aprendizaje natural ya que le aporta múltiples de posibilidades y pueden disfrutar de distintas experiencias. Los espacios exteriores según este texto, deben tener unas determinadas características y objetivos para que los niños descubran y aprendan nuevos conceptos de ellos mismos y de lo que les rodea y se tiene en cuenta las diversas zonas y currunchos dentro del espacio.
    Considero que gracias a ello, los niños tendrán mas facilidad de adquirir su propia autonomía, favorecerá a su desarrollo motriz y la comunicación en el juego.

    ResponderEliminar
  4. Rosa Álvarez
    Os espazos exteriores realmente na maioría das escolas infantiles , son meros lugares de descanso e xogo , aos que non se lles da importancia pedagóxica , este mérito lévano os espacios interiores por excelencia , xa que os nenos pasan a maior parte das horas neles . Tamén e certo que moitas escolas non teñen a sorte de dispoñer de espazos exteriores debido a antigÜidade das instalacións ou a que o espazo e meramente físico(un edificio) , e ainda así se esforzan en recrear lugares da escola para desenvolver actividades xogando a "como se " tivesen un espazo exterior.Por exemplo creando unha pequena horta nun lugar soleado , e en moitos casos levando aos nenos a parques exteriores , granxas escolas etc . Noutros casos nos que si se dispon de espazos exteriores habilitados nos que compartir a actividade pedagóxica cos espazos interiores , simplemente non se lle da cabida a importancia que ten para o neno , que coñezan exploren , experimenten e manipulen,sensacións novas co exterior , cos compañeiros e sobre todo con el memso e co seu propio corpo .
    Actualmente quizais se está valorando moito máis este tipo de espazo , facendo referencia a que as escolas evolucionaron respecto a aprendizaxe e se centran moito máis no desenvolvemento integral do neno .
    Na miña opinión creo que algunhas escolas , van avanzando cara escolas de tipoloxía Reggio , nas que :
    -O máis importante e respetar os tempos do neno .
    -Os educadores son meros impulsores e estimuladores e se adaptan as necesidades e evolución de cada un de maneira individual , e non é o neno o que se adapta ao educador .
    -O neno é partícipe e interven en todos os cambios que se poidan facer no espazo escolar tanto exterior como interior
    -Dáselle lugar ao neno como persoa , e este sinte importante e imprescindible .
    A idea deste tipo de escolas é crear un ambiente agradable e fluido , aprobeitar todos os espazos , coidar moito a estética destes , e facer da escola un lugar do que pais nenos e educadores se sintan orgullosos .
    Finalmente creo que a importancia desigual que se lle da aos espazos interiores respecto aos exteriores , e simplemente unha falta de conciencia social , na que moitos avanzan e comezan a ver que favorece aos nenos e ao seu desenvolvemento , e outros simplemente se aferran aos modelos tradicionais nos que o espazo por excelencia e o interior , no que se aprende o importante .

    ResponderEliminar
  5. Dentro del funcionamiento de una escuela infantil podemos identificar distintas zonas o espacios en las que los pequeños abordan diversas acciones y actividades a lo largo del día.
    El patio exterior es, desde mi punto de vista, un elemento fundamental para el desarrollo de todas las facetas del niño, no solo permite un progresivo conocimiento del medio que le rodea, también influye en gran media en el dominio de actividades psicomotrices y a su vez en la relación con los demás que en esas vivencias se producen.
    Para toda escuela es obligatorio disponer de patio exterior para uso exclusivo, pero para que este patio cumpla su función debe seguir una serie de requisitos en cuanto a superficie, seguridad y contenidos, también debe tener una correcta limpieza y mantenimiento.
    Hoy en día consideramos este espacio como zona únicamente de uso lúdico, de recreo o de horas libres. En cambio la zona interior, en donde se encuentran las aulas, tiene un carácter más “serio” y más valorado dentro del recinto infantil. En mi opinión esta imagen que tenemos de las dos zonas deberían fundirse en una y complementarse entre sí para un completo y correcto desarrollo integral del individuo.

    ResponderEliminar