luns, 3 de febreiro de 2014

O retroproxector

Supón a nivel técnico unha certa diferenza con respecto doutros aparellos como o proxetor de diapositivas, os seus compoñentes principais son:
  • Caixa na que se poden gardar todos os compoñentes para o seu transporte.
  • Mesa con lente Fresnel que é o elemento característico do retroproxector.
  • Conxunto óptico, que consiste nun periscopio cunha lámpada haloxena de alta potencia e un espello basculante.
O software para o retroproxector é abundante, consiste basicamente en acetatos que pode proporcionar unha casa comercial tanto en branco e negro como en cores ou ben pódese facer mediante fotocopias en branco e negro ou en cores, imprimindo debuxos por medio da impresora dun ordenador, ou debuxando directamente sobre o acetato con rotuladores especiais. Este material pódese combinar con elementos de plástico ríxido opaco ou transparente.

O proxector de diapositivas

Tamén coñecido por diascopio, constitúe basicamente un hardware que permite traballar con fotografías proxectadas, o cal terá un grande poder de atracción, mantendo a atención dos nenos e nenas máis tempo que a imaxe directa e presentando unha luminosidade e un cromatismo que favorece moito o seu realismo.
Traballar nun aula escurecida e con imaxes que presentan esa textura e ese brillo é unha ferramenta interesante na escola infantil
O mecanismo e a estrutura é similar en todos os diascopios.

A imaxe fixa

É preciso lembrar cando se traballa con fotografías que unha das súas características, como a de todas as imaxes, é que son representacións da realidade e non a realidade mesma. É dicir que son representacións da realidade que están mediatizadas polo punto de vista da persoa que as realizou. O tipo de encadre, o ángulo, as cores, o contraste, etc. son elementos que a persoa que realiza unha fotografía emprega para darlle un sentido determinado as imaxes que realiza.
No traballo da escola infantil pódese analizar e coñecer os mecanismos que se empregan para realizar fotografías: as máquinas fotográficas, os seus elementos, os soportes da imaxe (discos, memoria flash ou mesmo película), a impresión en papel fotográfico, o proceso de edición, a industria fotográfica, etc. O abaratamento de toda a tecnoloxía relacionada coa fotografía permite que poidamos traballar con ela con nenos e nenas menores de 3 anos.

mércores, 29 de xaneiro de 2014

As crianzas poden coller os materiais

En xeral, as condicións que favorecen un axeitado acceso visual aos obxectos, favorecen ao mesmo tempo o acceso físico aos mesmos. Pero aínda así podemos considerar as seguintes cuestións:

As crianzas poden ver os recursos

É necesario considerar que o que é, ou pode ser, claramente visible para unha persoa adulta non ten porqué selo para as crianzas. Sería interesante agacharse e poñerse á altura dos nenos e nenas para comprobar se o material que se considera que está perfectamente visible, o está realmente para eles.
A continuación preséntanse unha serie de orientacións para que os materiais sexan máis visibles para as crianzas.

A organización dos materiais

Un elemento que ás veces se descoida cando se fala dos materiais é a maneira de organizalos dentro da aula. É necesario considerar que a organización destes materiais pode ser un xeito de organizar o propio traballo na aula de infantil. Como xa se sinalou, por exemplo, a colocación dun andel pode ser unha forma de crear un recuncho de actividade, e a maneira de dispor os materiais de plástica pode animar ás crianzas a traballar con eles.
Por este motivo deberíase reflexionar antes de distribuír e organizar os materiais dentro da escola prestándolle atención ao tipo de andeis que se empregan, ao lugar onde se colocarán os materiais e aos contedores e clasificadores que se empregarán para organizar os recursos.
A continuación analízase como organizar os materiais para favorecer que as crianzas poidan velos e acceder a eles.

O patio tamén é a escola

Cando se analiza o mobiliario do espazo exterior dunha escola, fálase de diferentes elementos:

Elementos fixos

Interior da fábrica Galopín en Cerceda
Estarán ben fixados ao chan e serán as estruturas propias do xogo físico e o xogo de relación e socialización fundamentalmente. É neste terreo onde dende as últimas décadas están aparecendo as principais innovacións no deseño.
Con referencia ao mobiliario exterior típico (bambán, etc.) habería que dicir que non é en principio o máis axeitado, tendo en conta que unha observación do seu emprego por parte das crianzas mostrará como xogan con eles de maneiras diferentes (tratando de trepar pola parte lisa do escorregadoiro, pendurándose da estrutura do bambán, etc.). Por este motivo cada vez son máis empregadas as estruturas multifuncionáis que ofrecen unha potencialidade de utilización máis ampla.