Para traballar os contidos das Tecnoloxías da Información e da Comunicación na escola infantil no módulo de
Didáctica pódense seguir as orientacións e actividades que se presentan
no documento anexo:
mércores, 30 de abril de 2014
luns, 28 de abril de 2014
Actividade sobre os recursos
Para traballar os contidos dos materiais da escola infantil no módulo de
Didáctica pódense seguir as orientacións e actividades que se presentan
no documento anexo:
venres, 4 de abril de 2014
Actividade sobre o tempo
Para traballar os contidos dos tempos da escola infantil no módulo de
Didáctica pódense seguir as orientacións e actividades que se presentan
no documento anexo:
Actividade sobre o espazo
Para traballar os contidos dos espazos da escola infantil no módulo de Didáctica pódense seguir as orientacións e actividades que se presentan no documento anexo:
venres, 28 de marzo de 2014
Escolas infantís de Galiza
Neste mapa están localizadas as escolas infantís de Galiza.
Ver Escolas infantís nun mapa máis grande
mércores, 12 de marzo de 2014
Traballar co son
A importancia que cobrou na actualidade o emprego combinado dos recursos audiovisuais fai esquecer, ás veces, as posibilidades que ofrece o traballo cos recursos sonoros de maneira illada.
Son diferentes recursos sonoros os que poden dar posibilidades de traballo na escola infantil:
Son diferentes recursos sonoros os que poden dar posibilidades de traballo na escola infantil:
A música
É quizais o recurso máis obvio, e ademais do traballo con ela como elemento significativo en si mesmo, tamén pode ser un recurso que se pode empregar para ambientar unha actividade: poñer música dunha época histórica se queremos falar desa época, música dunha zona xeográfica, do ruído do mar para falar del, por exemplo.
luns, 24 de febreiro de 2014
A imaxe en movemento
Historicamente o cine foi un recurso que chegou a incorporarse a algúns centros educativos, pero o seu custo económico e a dificultade para adquirir copias, xunto coa aparición de novos recursos fixo que a súa existencia na actualidade practicamente desaparecera.
Posteriormente o magnetoscopio ou reprodutor de vídeo foi un recurso que adquiriu unha difusión moi importante en todo o sistema educativo, e aínda na actualidade é un recurso que se emprega nalgúns centros escolares. Pero as actuais cámaras de vídeo e os novos soportes dixitais fan que o emprego da imaxe en movemento sexa un recurso ao alcance de calquera centro.
Para ampliar a información sobre o traballo co vídeo na aula podes ver a información do curso do Ministerio de Educación pulsando sobre o botón da esquerda.
A facilidade de utilización do vídeo levou a unha desatención á hora de traballar con el, polo que cumpriría recordar algunhas características de uso:

luns, 3 de febreiro de 2014
O retroproxector
Supón a nivel técnico unha certa diferenza con respecto doutros aparellos como o proxetor de diapositivas, os seus compoñentes principais son:
- Caixa na que se poden gardar todos os compoñentes para o seu transporte.
- Mesa con lente Fresnel que é o elemento característico do retroproxector.
- Conxunto óptico, que consiste nun periscopio cunha lámpada haloxena de alta potencia e un espello basculante.
O proxector de diapositivas
Tamén coñecido por diascopio, constitúe basicamente un hardware que permite traballar con fotografías proxectadas, o cal terá un grande poder de atracción, mantendo a atención dos nenos e nenas máis tempo que a imaxe directa e presentando unha luminosidade e un cromatismo que favorece moito o seu realismo.
Traballar nun aula escurecida e con imaxes que presentan esa textura e ese brillo é unha ferramenta interesante na escola infantil
O mecanismo e a estrutura é similar en todos os diascopios.
Traballar nun aula escurecida e con imaxes que presentan esa textura e ese brillo é unha ferramenta interesante na escola infantil
O mecanismo e a estrutura é similar en todos os diascopios.
A imaxe fixa
É preciso lembrar cando se traballa con fotografías que unha das súas características, como a de todas as imaxes, é que son representacións da realidade e non a realidade mesma. É dicir que son representacións da realidade que están mediatizadas polo punto de vista da persoa que as realizou. O tipo de encadre, o ángulo, as cores, o contraste, etc. son elementos que a persoa que realiza unha fotografía emprega para darlle un sentido determinado as imaxes que realiza.
No traballo da escola infantil pódese analizar e coñecer os mecanismos que se empregan para realizar fotografías: as máquinas fotográficas, os seus elementos, os soportes da imaxe (discos, memoria flash ou mesmo película), a impresión en papel fotográfico, o proceso de edición, a industria fotográfica, etc. O abaratamento de toda a tecnoloxía relacionada coa fotografía permite que poidamos traballar con ela con nenos e nenas menores de 3 anos.

mércores, 29 de xaneiro de 2014
As crianzas poden ver os recursos
É necesario considerar que o que é, ou pode ser, claramente visible para unha persoa adulta non ten porqué selo para as crianzas. Sería interesante agacharse e poñerse á altura dos nenos e nenas para comprobar se o material que se considera que está perfectamente visible, o está realmente para eles.
A continuación preséntanse unha serie de orientacións para que os materiais sexan máis visibles para as crianzas.
A continuación preséntanse unha serie de orientacións para que os materiais sexan máis visibles para as crianzas.
A organización dos materiais
Un elemento que ás veces se descoida cando se fala dos materiais é a maneira de organizalos dentro da aula. É necesario considerar que a organización destes materiais pode ser un xeito de organizar o propio traballo na aula de infantil. Como xa se sinalou, por exemplo, a colocación dun andel pode ser unha forma de crear un recuncho de actividade, e a maneira de dispor os materiais de plástica pode animar ás crianzas a traballar con eles.
Por este motivo deberíase reflexionar antes de distribuír e organizar os materiais dentro da escola prestándolle atención ao tipo de andeis que se empregan, ao lugar onde se colocarán os materiais e aos contedores e clasificadores que se empregarán para organizar os recursos.
A continuación analízase como organizar os materiais para favorecer que as crianzas poidan velos e acceder a eles.

O patio tamén é a escola
Cando se analiza o mobiliario do espazo exterior dunha escola, fálase de diferentes elementos:
Elementos fixos
![]() |
| Interior da fábrica Galopín en Cerceda |
Estarán ben fixados ao chan e serán as estruturas propias do xogo físico e o xogo de relación e socialización fundamentalmente. É neste terreo onde dende as últimas décadas están aparecendo as principais innovacións no deseño.
Con referencia ao mobiliario exterior típico (bambán, etc.) habería que dicir que non é en principio o máis axeitado, tendo en conta que unha observación do seu emprego por parte das crianzas mostrará como xogan con eles de maneiras diferentes (tratando de trepar pola parte lisa do escorregadoiro, pendurándose da estrutura do bambán, etc.). Por este motivo cada vez son máis empregadas as estruturas multifuncionáis que ofrecen unha potencialidade de utilización máis ampla.

martes, 28 de xaneiro de 2014
O mobiliario escolar
As mesas escolares
A evolución do deseño do mobiliario escolar vai, en certa medida, paralelo ao dos edificios escolares. No deseño do primeiro mobiliario escolar a preocupación centrábase de maneira case exclusiva en cuestións de tipo hixiénico e sanitario, buscando o mellor deseño para evitar posturas incorrectas e maior comodidade. Pero, a partir das achegas da Escola Nova, comezan a analizarse as implicacións educativas do seu deseño. Deséñanse mobles que permitan, segundo as circunstancias, o traballo de forma individual ou colectiva, elementos que permitan o almacenamento de diferentes recursos didácticos, elementos móbiles que permiten transportar estes recursos, etc.
Adecuación á idade
Tanto as casas comerciais, como algúns colectivos, presentan diferentes clasificacións dos materiais didácticos segundo a idade dos nenos e nenas aos que van dirixidos, fundamentadas nas análises feitas por María Montessori, Ovide Decroly, Henri Wallon ou Jean Piaget por exemplo.
A Asociación de Investigación do Xoguete realiza unha clasificación da que se presenta a seguinte táboa como resume dos referidos á educación infantil.
A Asociación de Investigación do Xoguete realiza unha clasificación da que se presenta a seguinte táboa como resume dos referidos á educación infantil.
Posibilidades educativas do material
A incorporación de materiais, sobre todo os sofisticados medios audiovisuais, levou a pensar nunha verdadeira revolución pedagóxica, sen embargo unha análise máis paseniño, fainos atopar a verdadeira dimensión dos mesmos, que é a de ser un elemento máis do curriculum. É dicir, o feito de utilizar un vídeo ou os bloques lóxicos, por poñer un exemplo, ten un valor pedagóxico que está máis en función do contexto no que se utiliza que do propio material en si mesmo. Compre polo tanto facer unha selección atinada dos recursos en función dos anteriores elementos curriculares (obxectivos, contidos, metodoloxía, actividades). Así podemos dicir que o valor dun material ven definido polas potencialidades do mesmo e mailas funcións que se lle dea dentro da estratexia didáctica.
De maneira resumida podemos sinalar as seguintes funcións que pode cumprir o material:
De maneira resumida podemos sinalar as seguintes funcións que pode cumprir o material:
As características do propio material
Considerando as características do propio material poderemos analizar:
Consistencia do material
En primeiro lugar atendendo á consistencia do material, poderemos falar de materiais situados no continuo fluído - sólido. Comezando polos fluídos atopamos materiais como por exemplo: a auga, a area, a pintura de dedos, etc. Teriamos despois outros como a arxila, a plastilina, o barro, etc. E finalmente os materiais sólidos.
O emprego de materiais máis fluídos require maiores esixencias tanto cognitivas como emocionais, posto que precisan máis control para manipular o material, e a algunhas crianzas pódelles provocar ansiedade a súa manipulación. Polo que deberemos ser coidadosos co emprego dos materiais fluídos e estar atentos ás reaccións que poden producir nalgunhas crianzas o seu uso.
luns, 27 de xaneiro de 2014
Criterios a seguir para seleccionar os recursos
O tema dos recursos está moi relacionado coa análise dos xoguetes. Para ampliar esta información pódense revisar os contidos presentados no módulo de metodoloxía do xogo.
Termos como: medios, recursos, material didáctico, material educativo, elementos lúdicos e mesmo xoguetes fan referencia a conceptos que presentan diferentes matices, pero na nosa análise serán considerados como sinónimos, entendendo que a análise desas diferenzas debería ser obxecto doutro espazo diferente.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)